A dos paleodictiopteroideos (Palaeodictyopteroidea ou Paleodictyopterida) é unha superorde extinta de insectos do paleozoico.

Algúns autores chámana dictioneurideos (Dictyoneuridea).Sinitshenkova, N. D.: Superoprder Dictyoneuridea Handlirsch, 1906 (= Palaeodictyopteroidea) en palaeoentomolog.ru .

Características Caracterizábanse polas súas mandíbulas en forma de bico, con pezas bucais únicas compostas por 5 estiletes. Representan os primeiros herbívoros terrestres importantes e o primeiro grupo importante de insectos herbívoros. Apareceron durante o Carbonífero Medio e continuaron até o Permiano Tardío.

Este grupo, grande e diverso, inclúe o 50 % de todos os insectos paleozoicos coñecidos. As ninfas dos paleodictiopteroideos posuían almofadas móbiles, e parece que estes insectos eran capaces de realizaren voos sinxelos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Grimaldi, David & Engel, Michael S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0. Rasnitsyn, A. P. & Quicke, D. L. J. (2002): History of Insects. Kluwer Academic Publishers ISBN 978-1-4020-0026-3.

Ligazóns externas Paleodictyopteroidea no Proxecto The Tree of Life. Nina Sinitshenkova (2002): Palaeodictyopteroidea.

Categoría:Insectos extinguidos