Oleg Ivanovich Skripochka, nado en Stavropol o 24 de decembro de 1969, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-01M, Soiuz TMA-20M e Soiuz MS-15 e foi membro das expedicións 25, 26, 47, 48, 61 e 62 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Skripochka graduouse en física e matemáticas en 1987 no instituto númreo 28 de Zaporozhie, entrando logo na Universidade Técnica Estatal Bauman e graduándose en 1993 en enxeñaría mecánica. Foi seleccionado como cosmonauta en agosto de 1997 por RSC Energia, adestrando entre decembro de 1997 e novembro de 1999. Partipou nas misións Soiuz TMA-01M, Soiuz TMA-20M e Soiuz MS-15, sendo membro das expedicións 25, 26, 47, 48, 61 e 62 Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 331,52 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-01M Soiuz TMA-20M Soiuz MS-15 Expedición 25 Expedición 26 Expedición 47 Expedición 48 Expedición 61 Expedición 62 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados no krai de Stavropol