O Parque Nacional de Mikumi (en suahili: Hifadhi ya Mikumi) é un espazo protexido en Mikumi, preto de Morogoro, Tanzania. O parque foi establecido en 1964, actualmente ten unha superficie de 3 230 quilómetros cadrados e é o cuarto máis grande no país. O parque é atravesado pola autoestrada de Tanzania coñecida como A-7.

O Mikumi limita ao sur coa reserva de caza Selous; as dúas áreas forman un ecosistema único. Outras dúas áreas naturais que bordean o parque nacional son as montañas de Udzungwa e as montañas Uluguru.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Xeografía de Tanzania

Categoría:Parques nacionais de Tanzania Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1964