Xosé Manuel Barreiro Fernández, nado en Lugo o 18 de setembro de 1957, é un político galego.

Traxectoria Barreiro é militante do Partido Popular, deputado no Parlamento galego (1997-2007), deputado da Deputación de Lugo (2007-), senador pola provincia de Lugo (2008-...), presidente provincial do PP (2002-) e vicepresidente da executiva galega do partido (2006-).

Está casado e ten dúas fillas. Licenciouse en 1983 en Ciencias Económicas e Empresariais, disciplina na que é doutor e catedrático de Universidade.

En 1995 entrou na política. Ese ano, converteuse, apadriñado por Francisco Cacharro Pardo, en concelleiro do PP en Lugo, na candidatura que encabezou Joaquín García Díez nas eleccións municipais. Foi a primeira que acadou unha maioría absoluta para o PP e el ocupouse da área de Economía, na que fixo un amplo traballo de posta ao día das contas municipais. miniatura|Papeleta para o Senado nas Eleccións de abril de 2019. Nas eleccións municipais de 1999 renunciou a continuar no Concello, para se centrar só no traballo parlamentario. En xaneiro de 2003, Manuel Fraga nomeouno conselleiro de Medio Ambiente, en plena crise do Prestige. O 10 de setembro de 2004 foi designado vicepresidente segundo da Xunta. Nas eleccións autonómicas de 2005 encabezou por primeira vez a candidatura do PP en Lugo. A comezos de 2006 competiu con Alberto Núñez Feijóo por ser o sucesor de Fraga no PPdeG. Perdeu, pero quedou de vicepresidente. En xullo de 2006 foi nomeado candidato á presidencia da Deputación nas eleccións municipais de 2007. Nas Eleccións xerais de 2008 foi elixido senador pola provincia de Lugo, cargo que revalida en 2011. Nesa ano converteuse ademais en voceiro do Partido Popular no Senado.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Blog de Xosé Manuel Barreiro

Categoría:Vicepresidentes da Xunta de Galicia Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Senadores por Lugo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Nados en 1957 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Senadores de España polo PP