Carlos Escaleras Mejía, nado o 10 de agosto de 1958 e finado o 17 de outubro de 1997, foi un político hondureño e activista do medio ambiente.
Traxectoria Escaleras foi fillo de José Andrés Escaleras e Ofelia Mejía, a mediados da década de 1990 comezou a coordinar accións contra o famoso empresario Miguel Facussé Barjum que pretendía instalar unha planta de extracción de aceite de palma cerca do río Guapinol, o que sería unha enorme carga para polo menos cinco comunidades máis algunhas veciñanzas de Tocoa.The Legacy of Carlos Escaleras Looms Large Over Current Tensions in Honduras
En 1997 liderou protestas contra o coronel Aldana, comandante do Batallón de Infantaría XV, que, por intereses persoais, impediu o acceso á auga aos habitantes de Chapagua, Agua Amarilla, Aguán e outras poboacións.
En agosto de 1997 foi ameazado polo coronel Aldana.http://www.honduraslaboral.org/article/organizaciones-del-aguan-conmemoran-12-aniversario/ En 1997 Escaleras foi nomeado para ser candidato a alcalde de Tocoa en representación do Partido Unificación Democrática para as eleccións dese ano.
Asasinato Carlos Escaleras faleceu o 18 de outubro de 1997, en horas da tarde, cando foi alcanzado por disparos con arma de fogo, mentres asistía á súa empresa de lavado de autos, situado no centro da cidade de Tocoa.¿Miguel Facussé mató a Carlos Escaleras?
Feitos posteriores Entre os principais sospeitosos do asasinato de Carlos Escaleras, estaban Orlando Martínez, Lucas García Alfaro e Óscar Sosa. Deles, só Lucas García Alfaro foi condenado a 17 anos de prisión, en sentenza de data 16 de outubro de 2002. Posteriormente, o entón ente investigador Departamento General de Investigación Criminal (DGIC) conseguiu unha declaración xurada do notario público de García Alfaro, na que sinalaba como autores intelectuais do asasinato, a Salomón Martínez, Juan Ramón Salgado, Aldo Augusto Aldana e Miguel Facussé. O Xuíz Rogelio Clara que coñecía a causa, non admitiu esa declaración como proba. Miguel Facussé e unha executiva de negocios, Irene Castro, foron acusados e testificaron a súa participación nos feitos.A 22 años del asesinato de Carlos Escaleras, permanece la impunidad sobre ataques contra personas defensoras de DDHH en Honduras
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ecoloxía de Honduras Flora e fauna de Honduras Blanca Jeanette Kawas Carlos Antonio Luna López Dereito á vida
Categoría:Activistas de Honduras Categoría:Nados en 1958 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Políticos de Honduras Categoría:Nados en Honduras