miniatura|Un Skynet 5. Skynet é unha serie de satélites de comunicacións xeoestacionarios militares do Reino Unido que tivo o seu comezo en 1969.
Características Os satélites Skynet foron os primeiros en dar servizos de comunicación ao exército británico. Os primeiros estabilizábanse mediante xiro e formaron parte da iniciativa estadounidense IDCSP de satélites de comunicacións.
Skynet 1A e 1B As dúas primeiras unidades do sistema Skynet foron construídas por Philco Ford Space & Reentry Systems Division. A tecnoloxía de comunicacións estaba baseada na dos satélites IDCSP. Tiñan forma cilíndrica e estabilizábanse mediante xiro. Ambos foron lanzados mediante foguetes Delta M o 22 de novembro de 1969 e o 19 de agosto de 1970. Skynet 1A funcionou durante 36 meses, mentres que Skynet 1B non chegou á súa órbita definitiva debido a un problema no motor de apoxeo, quedando nunha órbita de transferencia elíptica.
Skynet 2A e 2B Os dous satélites Skynet 2 foron construídos por Marconi Space and Defence Systems con axuda de Philco-Ford. Tiñan unha masa duns 240 kg, eran cilíndricos e estabilizábanse mediante xiro. Usaban, ao igual que os Skynet 1, dous canais de comunicacións, un a 20 MHz e outro a 2 MHz. Skynet 2A foi lanzado o 19 de xaneiro de 1974, pero non chegou a órbita por un problema no seu foguete lanzador, un Delta 2313 que si conseguiu poñer no espazo a Skynet 2B o 23 de novembro de 1974.
Skynet 4A, 4B, 4C, 4D, 4E e 4F Os satélites Skynet 4 foron a terceira xeración de satélites Skynet. Usaban un transpondedor en SHF e un en UHF con dous canais, así como un tranpondedor en EHF a bordo de Skynet 4A para experimentos de propagación. Foron construídos por British Aerospace. Tiñan unha masa de entre 1250 e 1500 kg, estabilizábanse nos tres eixos e tiñan unhas dimensións de 2,1 x 1,4 m con paneis solares que lles daban unha envergadura de 16 m e producían 1200 W de potencia. Os seis foron lanzados con éxito entre 1990 e 2001 a bordo de foguetes Titan 3, Ariane 4 e Delta 7925, todos con éxito.
Skynet 5A, 5B, 5C e 5D Os satélites Skynet 5 melloran á anterior xeración proporcionando máis potencia e cobertura. Teñen masas de arredor de 4700 kg, estabilízanse nos tres eixos e usan o bus Eurostar 3000S. Os catro foron lanzados a bordo de foguetes Ariane 5 con éxito entre 2007 e 2012.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasSkynet 1A22 de novembro de 1969Delta MÉxitoSkynet 1B19 de agosto de 1970Delta MÉxitoSkynet 2A19 de xaneiro de 1974Delta 2313FalloSkynet 2B23 de novembro de 1974Delta 2313ÉxitoSkynet 4A1 de xaneiro de 1990Titan 3ÉxitoSkynet 4B11 de decembro de 1988Ariane 4ÉxitoSkynet 4C30 de agosto de 1990Ariane 4ÉxitoSkynet 4D10 de xaneiro de 1998Delta 7925ÉxitoSkynet 4E26 de febreiro de 1999Ariane 4ÉxitoSkynet 4F7 de febreiro de 2001Ariane 4ÉxitoSkynet 5A11 de marzo de 2007Ariane 5ÉxitoSkynet 5B14 de novembro de 2007Ariane 5ÉxitoSkynet 5C12 de xuño de 2008Ariane 5ÉxitoSkynet 5D19 de febreiro de 2012Ariane 5Éxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Delta M Delta 2313 Delta 7925 Titan 3 Ariane 4 Ariane 5
Categoría:Satélites artificiais