Felix Finkbeiner, nado o 8 de outubro de 1997, é un ecoloxista alemán, fundador da iniciativa Plant-for-the-Planet.
Traxectoria Fillo do empresario e membro do Club de Roma Frithjof Finkbeiner e da enxeñeira téxtil Karolin Finkbeiner, Felix creceu nas cidades bávaras de Pähl e Uffing am Staffelsee. Estudou na Escola Internacional de Múnic desde cuarto curso até a súa gradación en 2015. Despois de vivir tres anos en Londres, graduouse en relacións internacionais pola Escola de Estudos Orientais e Africanos en 2018. Desde setembro do mesmo ano é estudante de doutoramento en ciencias ambientais na Escola Politécnica Federal de Zúrich.
En xaneiro de 2007, cando contaba con tan só nove anos, Finkbeiner deu en clase unha presentación sobre o quecemento global, en cuxo transcurso suxeriu aos seus compañeiros esparexer a iniciativa de que os nenos do mundo plantasen un millón de árbores en cada país. Finkbeiner e os seus compañeiros decidiron poñelo en práctica plantando a primeira árbore o 28 de marzo de 2007, ao que seguiu o lanzamento oficial de Plant-for-the-Planet. Tras tres anos, a iniciativa completou o seu primeiro millón.A million trees and counting - German boy activist fights climate change Deutsche Welle, 21 de xuño de 2010. Felix foi convidado a falar no Parlamento Europeo con 10 anos e na Asemblea Xeral das Nacións Unidas con 13.Wipfelstürmer Süddeutsche Zeitung, 9 de marzo de 2018.
Recoñecementos dereita|miniatura|Felix Finkbeiner recibindo a Orde do Mérito da República Federal de Alemaña.
2009: Medalla do estado de Baviera por méritos ecoloxistas. 2011: Declarado por The Guardian como un dos seus 20 Xigantes Verdes.Green giants: the eco power list The Guardian, 16 de xaneiro de 2011. 2011: Declarado pola revista Focus como un dos 100 alemáns máis influentes.Die Hundert Einflussreichsten Deutschen, Focus, outubro de 2011 2013: Premio Cultural Cidadán do Parlamento de Baviera. 2014: Premio Cultural Alemán 2015: Europeo do Ano segundo Reader's Digest.1000 Milliarden Bäume für unsere Zukunft: Das Magazin Reader's Digest zeichnet den 17-jährigen Zukunfts-Aktivisten Felix Finkbeiner als "Europäer des Jahres 2015" aus, 20 de xaneiro de 2015 2016: Declarado pola Cámara Júnior Internacional como un dos Dez Mozos Máis Destacados do Mundo. 2018: Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, concedida polo presidente de Alemaña Frank-Walter Steinmeier.Steinmeier verleiht Felix Finkbeiner das Bundesverdienstkreuz Bayerischer Rundfunk, 22 de maio de 2018. 2018: Premio da revista Focus á persoa máis influente dos últimos 25 anos.Das Ranking der Entscheider, Focus, decembro de 2018
Notas
Categoría:Nados en Múnic Categoría:Ecoloxistas de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade de Londres Categoría:Nados en 1997