Heduvixes I de Anjou-Hungría (en , en , en ), nada o 18 de febreiro de 1374 e finada en Cracovia o 17 de xullo de 1399, foi a raíñaEduvixes foi coroada oficialmente como "Rei de Polonia" — Hedvig Rex Poloniæ, non como raíña. A lei polaca non tiña previsto unha raíña reinante, mais tampouco especificaba que o monarca tivese que ser un varón. de Polonia (1382-1399) á morte do seu pai o rei Lois I de Hungría, que herdara tamén o trono de Polonia. Aínda que Heduvixes gobernou Polonia e a súa irmá máis vella, María I, reinou en Hungría, ambas acabaron casadas con poderosos nobres que evitaron que reinasen de xeito independente. É venerada pola igrexa católica como Santa Heduvixes a Raíña, considerada como santa húngara e polaca. É a patroa das raíñas e da Europa Federal.
Traxectoria Heduvixes pertenceu á Casa dos Anjou de Hungría. Naceu en 1374 no palacio real de Buda, como unha das fillas do poderoso rei Lois I de Hungría e da súa segunda esposa, Isabel de Bosnia. Ao nacer Heduvixes, Hungría achábase na súa época dourada medieval, onde o monarca gobernaba un imperio composto por case dez estados menores na Europa Central. As minas de ouro e prata húngaras abastecían en gran parte as nacións europeas, e as froitas e as verduras húngaras eran coñecidas nas cortes dos reinos occidentais. Deste xeito, cando morreu o rei Casimiro III de Polonia en 1370 e o fillo da súa irmá (Lois I de Hungría) herdou o reino, os dous estados, aínda que funcionaban independentemente, estaban gobernados polo mesmo monarca. Isto levou a certos problemas ao comezo, mais considerábase máis tráxico o drama que tiña que resolver Lois I: non contaba con fillos herdeiros varóns, así que fixo que as súas fillas fosen aceptadas pola nobreza como as súas sucesoras trala súa morte mediante o Privilexio de Koszyce o 17 de setembro de 1374. Lois I faleceu en 1382, e de inmediato xurdiron conflitos sucesorios, onde as súas fillas foron coroadas como raíñas, mais non exerceron o poder independentemente.
Heduvixes fora comprometida en matrimonio co duque Guillerme de Austria, que nesa época era un mozo de catorce anos. Con todo, a nobreza polaca non desexaba ver un Habsburgo no trono de Polonia xunto á raíña, así que conseguiron a anulación do compromiso. Por outra banda, considerando moito máis conveniente, estes arranxaron que a raíña Heduvixes de dez anos de idade fose tomada como esposa polo pagán Jagiełło, duque de Lituania, quen para casar tivo que se converter ao cristianismo, lográndose finalmente a conversión dos lituanos e a asimilación ao mundo "cristián civilizado" medieval. Automaticamente volveuse o soberano polaco co nome de Ladislau II de Polonia. Ladislau pasou a exercer o goberno, quedando a raíña en segundo plano. A pesar diso, foi unha fervente colaboradora do seu esposo.
O matrimonio non tivo descendencia, xa que a única filla do matrimonio, Elżbieta Bonifacja, morreu ás tres semanas de nacer, o 13 de xullo de 1399. Heduvixes tamén estaba no sei leito de morte. Ela mesma aconsellou o seu marido que casase con Ana de Cilli, neta de Casimiro o Grande, o que fixo, e faleceu o 17 de xullo de 1399, catro días despois da súa filla. Ambas foron enterradas xuntas na catedral de Wawel o 24 de agosto de 1399, como dicía a última vontade da raíña. O 12 de xullo de 1949 abriuse a tumba, máis non quedaba ningún resto da súa filla.Olbrycht and Kusiak, pp. 256–66.
Legado A pesar de ser venerada en Europa durante séculos, non foi até 1979 cando o papa Xoán Paulo II rezou ante o seu sartego. Foi beatificada en 1986 e canonizada en Cracovia o 8 de xuño de 1997. É a santa patroa das raíñas e da Europa Unida.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en Budapest Categoría:Nados en 1374 Categoría:Finados en 1399 Categoría:Reis de Polonia Categoría:Santos do catolicismo