Max Carl Anton Fürbringer, nado o 30 de xaneiro de 1846 en Wittenberg, Reino de Saxonia e finado o 6 de marzo de 1920 en Heidelberg, foi un anatomista alemán.
Traxectoria Fürbringer comezou a estudar Ciencias Naturais en Jena, estudos que continuou en Berlín, doutorándose alí en 1869 cunha tese sobre Zooloxía. Desempeñando un posto de axudante de Karl Gegenbaur en Jena, este animouno a estudar Medicina. En 1873 aceptou unha chamada da Universidade de Heidelberg, onde foi habilitado para imparir docencia en Anatomía en 1877, e foi nomeado profesor asociado en 1879.
En 1879 foi nomeado profesor titular en Ámsterdam, e en 1888 recibiu a cátedra de Anatomía da Universidade de Jena. En 1901 foi nomeado director do Instituto Anatómico da Universidade de Heidelberg.L. K. Nyhart (2003): "The importance of the "Gegenbaur school" for German morphology". En: Theory in Biosciences 122: 162–173.
En 1881 foi elixido membro da Leopoldina.Max Fürbringer na páxina web da Leopoldina.
Publicou os seus estudos de anatomía comparada en Untersuchungen zur Morphologie und Systematik der Vögel, 1888.
Describiu, entre outros taxons, a orde dos podicipediformes e a suborde dos anguimorfos.
En 1912 retirouse e morreu o 6 de marzo de 1920 en Heidelberg.
Principais obras Die Knochen und Muskeln der Extremitäten bei den schlangenähnlichen Sauriern, 1870. Untersuchungen zur Morphologie und Systematik der Vögel (2 volumes), 1888. Zur Entwicklung der Amphibienniere, 1877. Über die occipitalen Nerven d. Selachier und Holocephalen und ihre vergleichende Morphologie en der Festschrift für Carl Gegenbaur III, 1897, pp. 351-768. Zur Systematik und Genealogie der Reptilien, Beitrag, 1900. Zur Frage der Abstammung der Säugetiere, 1904. Die spino-occipitalen Nerven. Zur vergleichenden Anatomie der Schultermuskeln und des Brustschulterapparates. Morphologische Streitfragen.
Distincións Foi membro das Academias: Leopoldina Academia Prusiana das Ciencias Academia de Ciencias de Baviera Real Academia de Artes e Ciencias dos Países Baixos Academia de Ciencias e Humanidades de Heidelberg
Abreviatura A abreviatura Fürbringer emprégase para recoñecer a como autoridade na desrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Anatomistas Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade de Jena Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Profesores da Universidade de Jena Categoría:Profesores da Universidade de Heidelberg Categoría:Nados en 1846 Categoría:Finados en 1920