Gloria Marie Steinem, máis coñecida como Gloria Steinem, nada en Toledo, Ohio o 25 de marzo de 1934 e finada en Nova York o 2 de setembro de 2026, foi unha xornalista e escritora estadounidense de orixe xudía, considerada unha icona do feminismo no seu país, así como unha activista dos dereitos da muller referente do movemento feminista estadounidense a finais de 1960 e principios de 1970. Tamén foi unha antiga axente da CIA, onde se centrou no anticomunismo.
Foi columnista para o New York Magazine e unha das fundadoras da revista feminista liberal Ms. En 1969 publicou o artigo After Black Power, Women's Liberation (Despois do Poder negro, a liberación das mulleres) que a converteu nunha líder do movemento feminista. Xunto a Betty Friedan é unha das referentes da chamada «segunda onda do feminismo».
En 1971 foi a autora dun dos discursos referentes do movemento feminista dos Estados Unidos do século XX durante a fundación da Asemblea Política Nacional de Mulleres: Chamamento ás mulleres de América.
En 2005 Steinem, Jane Fonda e Robin Morgan cofundaron o Women's Media Center, unha organización que ten como obxectivo facer visíbeis as mulleres nos medios de comunicación
O 19 de maio de 2021 recibiu o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades. miniatura|Gloria Steinem en 2016.
Traxectoria Steinem naceu o 25 de marzo de 1934 en Toledo, Ohio, filla de Ruth (nada Nuneviller) e Leo Steinem. A súa nai era presbiteriana, o seu pai era xudeu, fillo de inmigrantes de Württemberg. A súa avoa paterna, Pauline Perlmutter Steinem, foi presidenta do comité educativo da Asociación Nacional prol Sufraxio da Muller, delegada do Consello Internacional de Mulleres de 1908, e a primeira muller escollida para o Consello de Educación de Toledo, ademais de líder no movemento pola educación vocacional. Pauline tamén rescatou a moitos membros da súa familia do Holocausto.
Os Steinem viviron e viaxaron nun remolque, desde o cal Leo realizou o seu oficio como vendedor ambulante de antigüidades. Antes de que nacese Gloria Steinem, a súa nai Ruth, que entón tiña 34 anos, sufriu unha "crise nerviosa" que a deixou inválida, atrapada en fantasías delirantes que en ocasións se tornaron violentas e cambiou «dunha muller enérxica, amante da diversión, amante dos libros» a «alguén que tiña medo de estar soa, que non podía aferrarse á realidade o tempo suficiente para manter un traballo, e que de cando en cando podía concentrarse o suficiente para ler un libro». A súa nai pasou longos períodos dentro e fóra dos sanatorios para os enfermos mentais. Steinem tiña 10 anos cando os seus pais finalmente se separaron en 1944. O seu pai foise a California para buscar traballo, mentres ela e a súa nai continuaban vivindo xuntas en Toledo.
Sobre o feito de que os seus pais se divorciasen baixo a tensión da enfermidade da súa nai, Steinem non o atribuíu en absoluto ao chauvinismo por parte do pai, afirma «telo entendido en nunca telo culpado pola ruptura».Marcello, Patricia. Gloria Steinem: A Biography. Westport, CT: Greenwood Press, 2004. p. 20.
Asistiu á Escola Secundaria Waite en Toledo e á Escola Secundaria Western en Washington, D. C. Graduouse nesta última mentres vivía coa súa irmá máis vella Susanne Steinem Patch. Logo asistiu a Smith College. A finais da década de 1950, Steinem pasou dous anos na India como bolseira de Chester Bowles, onde estivo asociada brevemente co Tribunal Supremo da India como asistente legal de Mehr Chand Mahajan, entón presidente da Corte Suprema da India. Despois de regresar aos Estados Unidos, ocupou o cargo de directora do Servizo de Investigación Independente, unha organización financiada en segredo por un doante que resultou ser a CIA. Traballou para enviar estudantes estadounidenses non comunistas ao Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes de 1959. En 1960, foi contratada por Warren Publishing como a primeira empregada da revista Help!.
Carreira xornalística O seu primeiro traballo como freelance foi na revista Esquire pensada para homes escribindo sobre a contracepción. Ao seu editor Clay Felker non lle gustou o texto inicial e obrigouna a reescribilo. Como resultado en 1962 publicou un artigo sobre a maneira na que as mulleres estaban forzadas a elixir entre a súa carreira e o matrimonio precedendo o libro de Betty Friedan The Feminine Mystique (A mística da feminidade) (1964).
En 1963 buscou traballo como coelliña de Playboy no Club Playboy de Nova York para documentarse para un artigo para a revista Huntington Hartford's Show. O título do artigo que escribiu foi "A Bunny's Tale" e nel aparecía Steinem co uniforme de coelliña e explicaba como se trataba as mulleres nestes clubs. Steinem declarou sentirse orgullosa da investigación realizada e en dar a coñecer as condicións de explotación nas que vivían estas mulleres e as demandas sexuais que recibían, con frecuencia ao bordo da lei. Durante algún tempo Steinem quedou sen traballo estábel ata que Felker fundou o New York Magazine en 1968.
En 1964 entrevistou a John Lennon para a revista Cosmopolitan, en 1965 escribiu para unha revista satírica semanal da NBC-TV That Was The Week That Was contribuíndo na sección «Surrealismo na vida cotiá».
En 1969 cubriu unha información sobre o aborto para o New York Magazine realizado nos sotos dunha igrexa en Greenwich, Nova York. Steinem abortara en Londres aos 22. E explicou que sentiu o que chamou un «gran clic» mentres falaba no grupo de apoio; un tempo despois, dixo «a miña vida de feminista en activo non comezara até ese día. Segundo ela lembra «Suponse que abortar nos converte en malas persoas», mais debo dicir, que eu nunca me sentín así. Adoitaba sentarme e trataba de imaxinar que idade tería o neno, trataba de facerme sentir culpábel. Nunca o conseguín! Creo que a persoa que dixo: «se os homes puidesen quedar embarazados, o aborto sería un sacramento» tiña razón. No que me concirne, fun consciente de que era a primeira vez que asumira a responsabilidade da miña propia vida, non ía deixar que as cousas me sucedesen, ía dirixir a miña vida e por iso sentíame positiva. Aínda así, non lle dixen nada a ninguén, sabía que fóra de alí, non era considerado da mesma maneira» .Tamén dixo que se, anos máis tarde, alguén a lembraba, sería só por inventar a expresión «liberdade de reprodución» … como unha expresión que indica a liberdade de opción de ter fillos ou non telos, o que posibilita unha coalición entre nosoutras.
Revista Ms. En 1972 foi cofundadora con Dorothy Pitman Hughes da revista feminista Ms. O primeiro número da revista publicouse como suplemento nunha edición especial do New York Magazine a finais de 1971 e Clay Felker apoiou a primeira edición.
Os 300 000 exemplares esgotáronse en oito días e a revista recibiu 26 000 subscricións e unhas 20 000 cartas. En 2001 a revista vendeuse á Feminist Majority Foundation e Steinem continuou na cabeceira como unha das seis editoras fundadoras e membro da xunta asesora.
Tamén en 1972 Steinem converteuse na primeira muller que interveu no Club Nacional de Prensa.
En 1978 escribiu un ensaio satírico para Cosmopolitan titulado «Se os homes puidesen menstruar» no que imaxinaba un mundo no que os homes tivesen a menstruación no canto das mulleres. Chegou á conclusión, como parte do ensaio que en tal mundo, a menstruación converteríase nun símbolo de honra para os homes comparando os seus sufrimentos, en lugar da fonte da vergoña no que recaía con iso sobre as mulleres.
Vida persoal Steinem foi diagnosticada de cancro de mama en 1986 e dunha neuralxia en 1994.
O 3 de setembro de 2000, aos 66 anos, casou co activista David Bale, pai do actor Christian Bale. A voda celebrouse en casa da súa amiga Wilma Mankiller, a primeira muller na Xefatura Principal da Nación Cherokee. O matrimonio de Steinem e Bale durou só tres anos, pois Bale morreu por mor dun linfoma cerebral o 30 de decembro de 2003 aos 62 anos. Antes, Steinem fora moi crítica contra a institución do matrimonio, afirmando que «neste país, o matrimonio foi o modelo legal do escravismo». Steinem deu a seguinte explicación do seu cambio de actitude:
Anteriormente, tivera unha relación de catro anos co editor Mortimer Zuckerman.
Ao comentar sobre o envellecemento, Steinem dixo que aos 60 anos sentía que entraba nunha nova etapa da vida libre das «demandas de xénero» ás que se enfrontou desde a adolescencia.
Steinem non tivo fillos por elección.
Obras 1957: The thousand Indias. 1963: The beach book. 1983: Outrageous acts and everyday rebellions. 1986: Marilyn. 1991: La revolución interior. 1993: Moving beyond words. 2006: Doing sixty & seventy. 2016: My life on the road. Editorial Alpha Decay.
Biografías 1995: The education of a woman: the life and times of Gloria Steinem, de Carolyn Heilbrun. 1997: Gloria Steinem: her passions, politics, and mystique, de Sydney Ladensohn Stern. 2020: The Glorias, película dirigida por Julie Taymor.
Recoñecementos En maio de 2021 foi recoñecida co Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Segunda onda do feminismo Betty Friedan
Categoría:Premios Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades Categoría:Nados en Toledo, Ohio Categoría:Feministas antipornografía Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos do Smith College Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2026