Anna Wiener, nada en 1987, é unha escritora americana, máis coñecida polo seu libro autobiográfico Valle Inquietante. Wiener escribe para The New Yorker como correspondente en tecnoloxía.

Traxectoria Wiener, que creceu en Brooklyn, asistiu á Universidade de Wesleyan en Middletown, CT. Despois da universidade, trasladouse a Nova York e máis tarde a San Francisco. Decidiu traballar no sector tecnolóxico nun intento de atopar unha traxectoria profesional con máis "impulso" que a industria editorial, onde traballaba anteriormente. Wiener tamén estaba profundamente interesada nos datos, especialmente na forma en que podían utilizarse para contar historias. En San Francisco, acabou traballando nunha empresa de análise e en GitHub, e fíxose amiga do director xeral de Stripe, Patrick Collison. No seu libro, Valle Inquietante, nunca menciona os nomes das empresas nas que traballou ou coas que se relacionou, aínda que a miúdo describe os seus produtos e culturas corporativas con suficiente detalle como para que o lector ou lectora poida deducir cales son. Tras varios anos en San Francisco, decidiu abandonar a industria tecnolóxica por varias razóns, entre elas a súa falta de resposta á información clasificada publicada por Edward Snowden e unha desilusión máis ampla coa cultura corporativa e o sexismo presentes nela.

Desde que deixou a tecnoloxía, Wiener escribiu sobre Silicon Valley para The New Republic, n+1 e Atlantic, entre outros. É colaboradora de The New Yorker.

Obra

Valle Inquietante (2021). Libros del Asteroide. ISBN 9788417977610

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Anna Wiener: “El cuento de la meritocracia en la industria tecnológica es una patraña” no diario El Pais.

Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1987