Jaime de Armiñán Oliver, nado en Madrid o 9 de marzo de 1927 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 2024, foi un escritor, novelista, autor teatral, director e guionista de cinema e televisión español.
Traxectoria Armiñán naceu no seo dunha familia de artistas, políticos e escritores. A súa avoa e a súa nai foron respectivamente as actrices Carmen Cobeña e Carmita Oliver; o seu avó materno o dramaturgo e escultor Federico Oliver; o seu avó paterno, o político Luis Armiñán Pérez e o seu pai o xornalista e gobernador civil Luis de Armiñán Odriozola. Educado no Colegio Estudio, licenciouse en dereito pola Universidade de Madrid.
Os seus primeiros pasos no mundo da arte foron como redactor de artigos en publicacións como Fotos e Dígame, á vez que escribía as súas primeiras obras de teatro, Eva sin manzana (1953), coa que gañou o premio Calderón de la Barca, Sinfonía acabada (1955) ou Nuestro fantasma (1956), que recibiu o premio Lope de Vega.
Comezou no mundo da televisión desde as súas primeiras emisións en 1957, e foiun dos principais responsables de programas de ficción durante case dúas décadas. Tamén escribiu guións para o cinema, sobre todo co director José María Forqué, como os de La becerrada (1962) ou Yo he visto la muerte (1965).
A finais da década dos sesenta, Armiñán debutou como director cinematográfico con Carola de día, Carola de noche (1969), e foi consolidando o seu propio estilo ata estrear Mi querida señorita (1971), filme escrito xunto a José Luis Borau, que foi candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa. O filme aborda o tema do amor heterodoxo e as vidas marxinais, elementos comúns ao longo da súa filmografía e que se repetiron en filme como El amor del capitán Brando (1974), Al servicio de la mujer española (1978), El nido (1980), de novo candidata ao Óscar, ou Stico (1984), filme en que se expón o conflito dun catedrático de dereito romano que, incapaz de vivir con certa autonomía a súa vida diaria, se ofrece como escravo a un dos seus peores alumnos.
A finais da década de 1980 volveu á televisión con series populares e de éxito como Juncal (1988) e Una gloria nacional (1992), interpretadas por Francisco Rabal. Despois de rodar Al otro lado del túnel (1994), que supuxo a despedida do cinema de Fernando Rey, e El palomo cojo (1995), regresou á dirección en 2008 con 14, Fabian Road, que protagonizaron Julieta Cardinali, Ana Torrent e Ángela Molina e que apenas tivo percorrido comercial.
Continuou o seu labor como articulista, principalmente nos xornais ABC e El Mundo.
Vida persoal En 1956 casou con Elena Santonja (1932-2016), que foi a presentadora de televisión do popular programa gastronómico Con las manos en la masa na segunda metade dos anos oitenta, e coa que tivo tres fillos, Álvaro (1959), Eduardo (1962) e Carmen. Álvaro e Eduardo tamén son profesionais da dirección no cinema e na televisión. A súa cuñada Carmen Santonja foi unha das integrantes dol dúo musical Vainica Doble.
Filmografía Ano Filme Director Guionista Notas 2008 14, Fabian Road 1995 El palomo cojo 1994 Al otro lado del túnel 1991 El día que nací yo Dirixido por Pedro Olea 1989 Juncal Serie de televisión 1987 Mi general 1985 La hora bruja 1984 Stico 1982 En septiembre 1980 El nido 1978 Al servicio de la mujer española 1977 Nunca es tarde 1976 El bengador gusticiero y su pastelera madre Dirixido por Antonio Fraguas 1975 Jo, papá 1974 El amor del capitán Brando 1973 Un casto varón español 1972 Mi querida señorita 1970 La Lola, dicen que no vive sola 1969 Carola de día, Carola de noche 1968 Solos los dos Dirixido por Luis Lucia Mingarro 1967 Un diablo bajo la almohada Dirixido por José María Forqué 1967 Yo he visto a la muerte Dirixido por José María Forqué 1965 Whisky y vodka Dirixido por Fernando Palacios 1964 La muerte viaja demasiado Dirixido por José María Forqué 1964 Piso de solteros Dirixido por Alfonso Balcázar 1964 Tengo 17 Años Dirixido por José María Forqué 1964 Playa de Formentor Dirixido por Germán Llorente 1963 El juego de la verdad Dirixido por José María Forqué 1963 La becerrada Dirixido por José María Forqué 1962 El secreto de Mónica Dirixido por José María Forqué
Obra literaria Biografía del circo (1958), Logroño, Pepitas de calabaza, 2014.Biografía del circo ISBN 978-84-15862-27-7 La noche de San Trotamundos, Madrid, Anaya, colección Luna de Papel, 1987. ISBN 978-84-7525-408-1 Juncal (1989), Logroño, Fulgencio Pimentel Editorial, 2018.Juncal ISBN 978-84-16167-84-5 Vidas perras, Madrid, Ediciones Tayo, 1990. ISBN 978-84-87048-02-9 Cine de la flor, Madrid, Nickel-Odeon, 1993.Cine de la flor ISBN 978-84-88370-04-4 Diario en blanco y negro,Diario en blanco y negro Madrid, Nickel-Odeon, 1994. ISBN 978-84-88370-07-5 Los amantes encuadernados, Madrid, Espasa-Calpe, 1997. ISBN 978-84-239-8831-0 Las siete pesadillas, Madrid, Espasa-Calpe, 1998. ISBN 978-84-239-7941-7 La isla de los pájaros, Madrid, Plaza & Janés, 1999. ISBN 978-84-01-32785-8 La dulce España: memorias de un niño partido en dos, Barcelona, Tusquets, 2000.La dulce España ISBN 978-84-8310-720-1 Los duendes jamás olvidan, Barcelona, Belacqua, 2003. ISBN 978-84-95894-66-3 Eva sin manzana / La señorita / Mi querida señorita / El nido. Edición de Catalina Buezo, Madrid, Cátedra, Letras Hispánicas, 2003.Catalina Buezo (Ed.), Eva sin manzana / La señorita / Mi querida señorita / El nido, Jaime de Armiñán, Madrid, Cátedra, Letras Hispánicas, 2003. ISBN 84-376-2070-8
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Asión Suñer, Ana, "Memoria y reflexión en el cine de Jaime de Armiñán", En La Tadeo DeArte, n.º 5, 2019, pp. 134-141 Buezo, Catalina, "Jaime de Armiñán y los medios de comunicación como difusores de ideas reformistas", En Espéculo: Revista de Estudios Literarios, n.º 20, 2002. Crespo, Pedro, Jaime de Armiñán: los amores marginales, Huelva, Festival de Cine Iberoamericano, 1987. Diego, Patricia y Grandío, María del Mar, “Producción y programación de series cómicas de TVE en la época franquista: Jaime de Armiñán y las primeras comedias costumbristas”. En Estudios sobre el Mensaje Periodístico, Vol. 20, Núm. especial, 2014, pp. 105-120. Galán, Diego, Jaime de Armiñán. Huesca, Festival de Cine de Huesca 1990. ISBN 84-404-7240-4 Tejeda, Carlos (coord.), El pulso del narrador. Los contrapuntos de Jaime de Armiñán. XVI Festival Solidario de Cine Español de Cáceres, Fundación ReBross, Notorious Ediciones, 2009. ISBN 978-84-936000-9-9 VV. AA, Jaime de Armiñán y su mundo. Valencia, Fundación Municipal de Cine/Mostra de Valencia, 2001. ISBN 84-8484-016-6 Ligazóns externas El último tranvía en Televisión Española Jaime de Armiñán, Goya de Honor, 2014
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1927 Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Guionistas de España Categoría:Escritores de España Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Finados en 2024