miniatura|Torneo de cróquet dos Xogos de 1900. O cróquet é un deporte que formou parte do programa olímpico oficial nunha soa ocasión, nos Xogos Olímpicos de 1900, onde se disputaron tres probas de croquet. Participaron sete homes e tres mulleres.

En primeiro lugar disputouse a competición de dobres, e as semanas seguintes a de individuais a unha bóla e a de individuais a dúas bólas. 9 dos 10 competidores eran franceses, país que gañou todas as medallas. O outro participante foi belga.

Medalleiro Posición País Ouro Prata Bronce Total 1 Francia 3 2 2 7

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Roque nos Xogos Olímpicos

Bibliografía De Wael, Herman. Herman's Full Olympians: "Croquet 1900". Consultado o 10 de xaneiro de 2006. Dispoñible en liña en . Mallon, Bill. "The First Two Women Olympians" in Citius, Altius, Fortius, outono de 1995, No. 3, p. 38. Dispoñible en formato pdf da AAFLA .

Ligazóns externas Resultados do cróquet

Categoría:Cróquet nos Xogos Olímpicos