Camilo Brandín Feijóo, nado en Sarreaus, Ourense, o 22 de xullo de 1946, é un psicólogo galego, da Universidade de Vigo. Xubilouse no curso 2010-2011.

Traxectoria Iniciou Teoloxía en Salamanca e, posteriormente, trasladou o expediente á Complutense de Madrid para se licenciar en Psicoloxía, acadando ademais o título de Diplomado en Psicoloxía da Educación pola mesma Universidade. Posteriormente doutorouse cunha tese sobre bilingüismo galego-castelán.

Foi seleccionado como profesor para impartir Psicoloxía da Educación e do Aprendizaxe en Maxisterio na Escola de Formación do Profesorado en Ourense, dependente da Universidade de Vigo e, máis tarde, foi profesor interino na Universidade de Vigo, onde se converteu en titular do departamento de Psicoloxía Evolutiva e Educación.

A súa concepción da psicoloxía baséase no “construtivismo moderno”, polo que entende que os valores, as relixións, as crenzas, maioritariamente son meros constructos metais configurados por cada persoa ou cultura de cada momento da historia, a partires de procesar e transformar na mente a información recibida. Posteriormente, cada persoa crea a súa estrutura mental que a considera verdadeira e case inamovible, dando lugar ao que modernamente se coñecen como “memes” psicolóxicos.

Polémica

A partires da lectura da súa tese de doutoramento (2001), produciuse boa confusión debido a unha mala información non coincidente coa realidade. A tese versaba sobre o bilingüismo galego-castelán e o seu dominio mental: “Bilingüismo, habilidades verbais e automatismos do procesamento lector nos escolares galego-castelán parlantes”.Brandín Feijoo, C. (2001). Bilingüismo, habilidades verbales y automatismos del procesamiento lector en escolares gallego-castellano parlantes. Tese de Doutoramento. Universidade de Vigo. Ata entón todos os estudios feitos sobre o galego eran máis ben sociolóxicos. Trataban de: onde se falaba galego, en que porcentaxe se falaba galego, que grupos de idade falaban máis ou menos galego, en que porcentaxe se utilizaba o galego e o castelán, que preferencias se tiñan polo galego ou castelán… Pero nesta tese fíxose o primeiro estudo de medir con altas técnicas de precisión en que medida os tempos de procesamento mental no cerebro eran máis ou menos rápidos nas distintas linguas dos bilingües galego-castelán para constatar si o bilingüismo estaba equilibrado. E algúns non o entenderon así.La voz de Galicia, 23 de xaneiro, 2002. “Los alumnos “aprenden” más rápido cuando estudian en castellano que en gallego”. De aí produciuse parte da confusión, pensando que aínda estábamos con estudios sociolóxicos e non de tempos de procesamento mental.

Logo de aplicar as probas de tempos de procesamento, concluíase que o bilingüismo en Galicia aínda non estaba equilibrado debido a que a lingua dominante, o castelán, no ensino, nos medios e na sociedade se impuxera a lingua sometida, o galego. Pois a velocidade de procesamento mental (medida con instrumentos de alta precisión) seguía sendo algo superior en castelán xa que dun xeito xeral, o cerebro reaccionaba unhas milésimas de segundo antes cando as probas se facían en castelán ca cando se practicaban en galego.Brandín Feijoo, C. (2002). Bilingüismo: Habilidades verbais e velocidade de procesamento de material escrito nos escolares bilingües galegos. Ourense. Ediciones GERSAM. Concluímos que pra chegar a un bilingüismo equilibrado había que potenciar o galego en máis tempo e dedicación para igualarse ao castelán e acadar un bilingüismo equilibrado.A CIGA, Santiago. Redacción - (29/1/2002). O estudio que afirma que "todos os procesos mentais seguen a ser predominantemente máis rápidos en castelán" segue a suscitar polémica por todos os bandos. As últimas: a do profesor responsable da tese, Camilo Brandín, quen matiza esas afirmacións tan rotundas que se publican do seu estudio, indicando que "se procesa máis rápido cando está en castelá. A versión da CIG é que este feito amosa un "fracaso das políticas de normalización lingüística desenvolvidas desde a Xunta de Galicia".

Aquí foi onde se propuxo a confusión. Pois medios de comunicación, e sen consultar co autor, publicaron con varios titulares que: “los niños gallegos aprenderán mucho mejor si se les enseña en castellano y no en gallego”.La voz de Galicia, 23 de xaneiro, 2002. “Los alumnos “aprenden más rápido cuando estudian en castellano que en gallego”. Cando a tese nunca tratou de aprendizaxe senón de tempos de reacción cerebral a estímulos, defendía xustamente que había que facer todo o contrario ao publicado, ou sexa, potenciar o uso do galego si se quería alcanzar un bilingüismo máis equilibrado, negando por tanto tal afirmación.La Voz de Galicia, 25 de xaneiro de 2002. El autor del estudio niega que los niños aprendan más rápido en español que en gallego, pois non se trataba de aprendizaxe. Loxicamente xurdiron múltiples críticas e por moito que se tratara de explicar a verdade, non foi fácil contradicir o que xa se publicara.González, Xosé Manuel (30 de xaneiro de 2002): Culturagalega. “Sobre o fondo do asunto do famoso estudio, o propio autor Camilo Brandín xa saíu desmentindo eses titulares no periódico “La Región”, onde di nunha carta ó director, que esas conclusións (“los niños aprenden más rápido en castellano que en gallego”) son falsas e afondan nos prexuízos da xente cara o galego e que a información, subministrada, fora difundida sen consultar tan sequera cos autores do traballo”. Ata chegou unha comunicación da Real Academia Galega advertindo de que esta clase de conclusións dunha tese de universidade non favorecía para nada ó galego. Algo co que o autor, como non podía ser doutro xeito, está totalmente de acordo.

Obras Libros publicados 1984, Fundamentos de Psicología para Maestros. A Coruña: Editorial La Voz de Galicia. ISBN 84-398-1036-9 Os xogos dos nosos rapaces. Ourense. Obra Cultural Caixa Ourense, 1986. Educación Ambiental y Ansiedad. Grafinova. Santiago de Compostela, 2000. 2002, Bilingüismo. Habilidades verbais e velocidade de procesamento de material escrito nos escolares bilingües galegos. A Coruña: Ediciones GERSAM. ISBN 84-932857-3-0 2007, Construye tu propio pensamiento,“666”. A Coruña: Editorial DANÚ. ISBN 978-84-936158-4-0 Agora son unha nena feliz. (Colaboración en literatura infantil). Santiago de Compostela. Tórculo Ediciones, 2008. La Religión, ¿Un Constructo Mental?. Madrid. Editorial BUBOK PUBLISHING (Descarga libre en Internet), 2009. 2021, Recordos dun Pueblo (Perrelos). Santiago de Compostela: Editor Camilo Brandín. DL OU 157-2021

Artigos publicados (selección) "A dislexia nos nenos". Revista O Ensino - 6º (1984). "Integración del Deficiente y actitud de los Profesores" Revista Quinesia – 3º, 1984. "La Prevención de las Drogodependencias en la Educación Secundaria". Revista Galega de Psico-Pedagoxía. Nº 10-11, 1995. "La Corriente Ecológica. Base de la Salud Mental en el Desarrollo Humano". VI Congreso de Psicología Ambiental. La Coruña, 1998. “El Estrés y el Medio Ambiente”. En Maceira, A. y Rodríguez, A. Educación y Ansiedad. Santiago de Compostela, 2000. “El Empleo con apoyo para sujetos con discapacidad”. En Deaño, M. Modelos de Orientación en Educación Especial. GERSAM. Ourense. 2001. “Velocidade de Procesamento da Información de Material Escrito en Escolares Bilingües Gallegos”. Actas VIII Conferencia Internacional de Linguas Minoritarias. Dirección Xeral de Política Lingüística. Santiago de Compostela, 2002. “Diversidade de lingua e diversidade ideolóxica”. VII Congreso Internacional “Esixencias da Diversidade” Santiago de Compostela, 2002. Psicoloxía da Educación e formación do profesorado no campus universitario ourensán. En Repensar a Educación e a Sociedade: Realidades e Desafios. Cid, X. coord. Servicio de Publicación. Universidade de Vigo, 2006. Niño Emperador, Adolescente Tirano. En Actas del XXIII Congreso de INFAD. Poio, Pontevedra, 2007. A afectividade nos nenos de pais separados. En Actas del IX Congreso Internacional Galego-Portugués de Psicopedagoxía. Universidade da Coruña, 2007. Inteligencia emocional, asertividad y éxito. En Educación e Sociedade. Novas reflexións multidisciplinares. Publicacións Universidade de Vigo. 2011.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20211231093338/http://xn--brandn-7va.es/ Nespereira, Antonio (15/10/2011) "«Non hai esquerda nin dereita, hai xente honesta ou deshonesta»" La Voz de Galicia.

Categoría:Psicólogos de Galicia Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Sarreaus Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE