O Museo Guggenheim de Nova York (en inglés Solomon R. Guggenheim Museum) é o primeiro museo creado pola Fundación Solomon R. Guggenheim, dedicado á arte moderna. Foi fundado en 1937 no Upper East Side de Nova York. Orixinalmente chamouse Museo da Pintura Non Obxectiva e foi fundado para exhibir arte de vangarda por artistas modernos iniciais como Kandinski e Mondrian.
En 1959 trasladouse á súa situación actual (fronte a Central Park), cando rematou o edificio deseñado polo arquitecto Frank Lloyd Wright.O Guggenheim non sabía a quen escoller como arquitecto para o museo, polo que pediu á baronesa Hilla von Rebay que elixise a alguén. Elixiu a Wright porque era o arquitecto máis famosa da época. O edificio en si converteuse nunha obra de arte.
O edificio Desde a rúa, o edificio semella unha cinta branca enrolada en forma cilíndrica, lixeiramente máis ancha na parte superior que na base. Internamente, as galerías forman unha espiral. Así, o visitante ve as obras mentres camiña pola rampla helicoidal, coma facendo un paseo.
De 1983 a 1992 ampliouse, baixo o estudo do arquitecto Charles Gwathmey Article sobre Gwathmey a PlataformaArquitectura completándoo cunha torre rectangular anexa, máis alta que a espiral orixinal. Esta modificación do deseño orixinal de Wright xerou unha forte controversia.
Fotogalería Vistas exteriores
Interior
Centro Sackler de Educación Artística e Teatro
Cúpula de vidro
Notas
Véxase tamén
Véxase tamén
Arquitectura moderna dos Estados Unidos Arquitectura orgánica Arte contemporánea Arquitectura do século XX de Frank Lloyd Wright Frank Lloyd Wright Historia da arte Historia da arquitectura Historia da pintura José Antonio Fernández Muro María Nicanor Patrimonio da Humanidade nos Estados Unidos de América Vangardas
Ligazóns externas
Detalles da obra de Frank Lloyd Wright
Categoría:Museos de arte contemporánea Categoría:Museos de Nova York Categoría:Patrimonio da Humanidade nos Estados Unidos de América