miniatura|200px|Outra das entradas do pazo miniatura|200px|O escudo no chaflán O pazo de Fondevila é un pazo urbano situado no número 14 da rúa das Casas Reais de Santiago de Compostela, fronte da Capela de Ánimas. Características A impresión de nobreza austera que presenta está acentuada polo lugar onde se ergue, na rúa das Casas Reais, que debe o seu nome aos varios edificios que alí existían, onde residía o alto clero de Santiago. Na actualidade, desas casas de nobres, ademais do pazo de Fondevila, só queda o Palacio Vello do Conde de Aranda, no que funcionou a primeira oficina do notariado de España.Pazo de Fondevila, en Centro Virtual Cervantes. Instituto Cervantes. Consultado o 4 de xuño de 2021.

Historia O pazo foi construído inicialmente en 1660 pola familia Sánchez Boado para a esposa do alcalde Pedro Varela Fondevila.Alonso Ruiz, Begoña (1993): Arquitectura señorial en el norte de España. Oviedo: Universidade de Oviedo. ISBN 978-84-7468-780-4, pp. 55-56. Pero o seu aspecto actual débese ao arquitecto Clemente Fernández Sarela, que o reconstruíu no ano 1760. O nome do pazo débese, pois, a Pedro Varela Fondevila que, ademais de alcalde, era irmán de Xoán Varela Fondevila, bispo auxiliar da arquidiocese compostelá e cuxo corpo repousa na Catedral.Pazo de Fondevila en Artehistoria.

A estrutura do edificio responde á típica arquitectura palaciana do barroco compostelán. É de planta rectangular e consta de tres andares. Destacan nel os seus dous balcóns, un no frontón superior, e o clásico balcón nobiliario da segunda planta. No nivel inferior hai tres posíbeis accesos ao interior do edificio. A decoración céntrase na esquina en chafrán do edificio, na que se pode ver baixo un frontón circular, un ostentoso escudo coas armas do seu primeiro propietario. Tamén é notábel o encadramento das fiestras e os balcóns voados.Pazo de Fondevila en santiagoturismo.com.Pazo de Fondevila en paxinasgalegas.es.

O pazo de Fondevila foi unha das residencias da nobreza que residía no centro histórico compostelán, de aí o propio nome da rúa na que está situado, aínda que co paso dos anos esta zona centro da cidade acabou quedando en desuso por parte da nobleza debido a que a zona se converteu en punto comercial preferente para os santiagueses. O seu último uso coñecido foi o de albergar a biblioteca da fundación dunha entidade financeira, a extinta Caja Madrid.

En decembro de 2019 o grupo de restauración La Penela adquiriu o pazo co obxecto de abrir un restaurante de cociña galega neste espazo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Pazo de Fondevila en Facebook. Pazo de Fondevila. Web Oficial de Turismo de Santiago de Compostela y sus alrededores. Pazo de Fondevila . En portalviajar.com.

Fondevila Categoría:Arquitectura barroca en Galicia

Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela