A dos sínfitos (Symphyta) é unha suborde de insectos himenópteros, que inclúe os membros máis primitivos da orde.
É un taxon parafilético que inclúe aos himenópteros sen a "cintura de avespa" (o pecíolo, conexión estreita entre o tórax e o abdome), que caracteriza ás especies da outra suborde, a dos apócritos.
Características Moitas especies de sínfitos mantiveron as súas características ancestrais a través do tempo, especialmente os seus hábitos herbívoros, a venación das ás e o abdome sen modificacións, onde os dous segmentos primeiros son semellantes aos seguintes (Ver apócritos). A ausencia dunha "cintura de avespa" distingue aos sínfitos dos outros membros dos himenópteros. Algúns presentan mimetismo batesiano,O mimetismo batesiano e o fenómeno polo cal dúas ou máis especies son similares en aparencia, pero só unha delas está armada con mecanismos de defensa fronte aos depredadores (espiñas, aguillóns, produtos químicos tóxicos ou, incluso, sabor desagradábel), mentres que o seu doble aparente carece destes trazos. con coloración similar á de abellas e avespas e con ovipositor que parece un aguillón, aínda que son incapaces de picar. A maioría son de voo débil. Os sínfitos varían en tamaño; un dos máis grandes é Urocerus gigas, que pode alcanzar os 20 mm de lonxitude. O sínfito fósil máis grande coñecido é Hoplitolyda duolunica, do Mesozoico, con 55 mm de lonxitude e envergadura de 92 mm. As especies máis pequenas alcanzan 2,5 mm.
Taxonomía Descrición A suborde foi descrita en 1867 polo zoólogo alemán, especializado en entomoloxía, Carl Eduard Adolph Gerstäcker, na páxina 2 da súa obra "Ueber die Gattung Oxybelus Latr. und die bei Berlin vorkommenden Arten derselben". Zeitschrift für die Gesammten Naturwissenschaften 30 (7): 1–144.
Etimoloxía O nome científico Symphyta está formado pola unión dos elementos do latín científico sym- e -phyta, ambos o dous derivados das voces do grego antigo σύν sýn, "xuntos", e φύω phýō, "medrar". Literalmente, "os que crecen xuntos", referíndose á falta distintiva no grupo dunha "cintura de avespa" entre o mesosoma e o gáster (os aparentes "tórax" e "abdome").
Superfamilias A suborde comprende as seguintes superfamilias:Symphyta no ITIS. Cephoidea Orussoidea Pamphilioidea Siricoidea Tenthredinoidea Xiphydrioidea Xyeloidea
Algúns autores inclúen outra superfamilia, a dos Anaxyeloidea, que comprende unha única familia, a dos Anaxyelidae, cunha única especie actualmente viva, Syntexis libocedrii.Taeger, A.; Liston, A. D.; Prous, M.; Groll, E. K. et al. (2018): "ECatSym – Electronic World Catalog of Symphyta (Insecta, Hymenoptera)". Müncheberg: Senckenberg Deutsches Entomologisches Institut (SDEI).Family Anaxyelidae - Incense Cedar Wood Wasps, en BugGuide.
Galería
miniatura|400px|centro|Anaxyeloidea (Syntexis libocedrii)
</gallery>
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Arnett, R. H. Jr. (2000): American insects. Segunda edición. Boca Raton, Londres, Nova York, Washington, D.C.: CRC Press, ISBN 0-8493-0212-9. Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A.(1976): An introduction to the study of insects. Cuarta edición. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3. Goulet, H. & Huber, J. T., eds. (1993): Hymenoptera of the world: an identification guide to families. Ottawa: Canada Communications Group. ISBN 0-6601-4933-8. Sharkey, M. J.; Carpenter, J. M & Vilhelmsen, L. (2012): "Phylogenetic relationships among superfamilies of Hymenoptera". Cladistics 28 (1): 80–112.
Outros artigos Himenópteros
Ligazóns externas Symphyta na Encyclopædia Britannica. Sawflies: a close relative of wasps en CSIRO. Symphyta - Sawflies, Horntails, and Wood Wasps en BugGuide. Taxonomy of Hymenoptera en Chrysis.net
Categoría:Symphyta