Sandra Petrignani, nada en Piacenza (Italia) en 1952, é unha escritora italiana.

Traxectoria

É xornalista e publicou libros de moi diversa índole: pezas teatrais, contos, novelas, cadernos de viaxe, radioteatros e textos moi difíciles de clasificar.

Logo de publicar os soados libros de entrevistas Le signore della scrittura e Fantasia & Fantastico, algúns poemas e unha obra teatral, deu a coñecer en 1987 a súa primeira novela: Navigazioni di Circe (Premio Elsa Morante). Un ano máis tarde, publicou Il catalogo dei giocattoli (finalista do Premio Nazionale di Narrativa Bergamo). A esas publicacións seguíronlles Come cadono i fulmini (1991), Poche storie (1993), Vecchi (1994), Ultima India (1996), Care presenze (2004) e Dolorose considerazioni del cuore (2009), entre outras.

A súa obra ten influencias de autores como Georges Perec, Vladimir Nabokov ou Italo Calvino.

Os seus traballos foron incluídos e citados en moitas antoloxías e outórgaselle un destacadísimo lugar en traballos críticos sobre a literatura italiana contemporánea.

Obra

Le signore della scrittura

Fantasia & Fantastico

Navigazioni di Circe

Il catalogo dei giocattoli

Come cadono i fulmini

Poche storie

Vecchi

Ultima India

Come fratello e sorella

La scrittrice abita qui

Care presenze

Cani e Gatti: Storia di un matrimonio

Dolorose considerazioni del cuore

Categoría:Nados en Piacenza Categoría:Nados en 1952 Categoría:Escritores de Italia Categoría:Escritores en lingua italiana