Acontecementos

O rei de Galiza Afonso III outorga ao bispado de Santiago o señorío do territorio comprendido nun radio de seis millas arredor da igrexa apostólica.

Primeira incursión maxiar (antecesores dos húngaros) sobre países xermánicos (Anais de Saint-Bertin); estabelecidos en Etel Köz, preto do río Don, aventúranse até o territorio dominado polos francos. Comezo do reinado de Rurik, primeiro príncipe de Novgorod, nos arredores do lago Ilmen (até 879).

Nacementos

Mortes 13 de abril - Donald I, rei de Escocia (n. 812). Musa ibn Musa ibn Qasí, gobernador da cora superior de Al-Andalus (val do Ebro), coñecido como o "terceiro rei de Hispania", por manterse autónomo a respecto do emirato de Córdoba. Notas

Véxase tamén

Historia ano a ano

Categoría:862