miniatura|230px|Abella coa vasoira cargada de pole

A vasoira de pole, tamén chamada cepillo de pole, ou scopa na bibliografía internacional, é unha estrutura, presente na maioría das abellas, que serve para carrexar o pole.

Etimoloxía O termo scopa da terminoloxía internacional, e do que son adapatacións os nomes galegos aquí expresados, deriva do termo latino scōpae, scopārum, "vasoira".scopa no Merriam-Webater Dictionary.

Estrutura e función miniatura|230px|Vasoira abdominal de Megachile sp. Esta vasoira ou cepillo é o nome de calquera das diferentes modificacións no corpo dunha abella non parasitaria que forman un aparello portador de pole. Na maioría das especies de abellas, a scopa é simplemente unha masa densa de pelos (ou setas) alongados, a miúdo ramificados, nas patas traseiras.escova de pólena, en Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. Alemám, Inglês, Espanhol, Galego-Português. A Coruña: AGAL. ISBN 84-8730-512-1, p. 131. Cando están presentes nestas patas, os pelos modificados están case sempre na tibia, pero algunhas abellas, como as das familias dos halíctidos e dos andrénidos, presentan estas serdas tamén no fémur e/ou no trocánter, ou na parte terminal do tórax.. Algunhas abellas teñen, ademais dos pelos das patas, moitos pelos modificados na superficie ventral do abdome que tamén se usan no transporte do pole. As especies dunha familia de abellas, a dos megaquílidos, carecen de pelos modificados nas patas, pero teñen unha extensa scopa na parte inferior do abdome.

As abellas e os abesouros teñen unha estrutura máis desenvolvida que a scopa: a corbícula ou cesta do pole, pero esta é máis especializada e é característica das abellas da familia dos ápidos. Varias especies de abellas teñen outros tipos de pelos modificados que recollen o pole, aceites florais ou outros produtos químicos das plantas; estes pelos poden levar estas substancias á cara, ás pezas bucais ou ás patas dianteiras ou medias, pero non se denominan vasoiras. O termo "vasoira" está restrinxido aos pelos adaptados para o transporte de pole.

Cando unha abella visita unha flor, o pole aséntase por todo o seu corpo. Para transferilo á vasoira, debe recollelo cunha especie de pincel feito con serdas máis duras, situado no tarso basal de todas as patas, especialmente das patas traseiras.

Algunas especies de abellas transportan o pole internamente, no aparello dixestivo, e despois regurxítano no niño e, polo tanto, carecen de vasoira, ao igual que as abellas cleptoparasitas, que non recolectan pole.

Só as abellas obreiras posúen esta estrutura.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Cane, James H. (2008): "Bees (Hymenoptera: Apoidea: Apiformes)" en Capinera, John L. (Ed.) Encyclopedia of Entomology Vol. 2. Berlín: Springer Verlag. ISBN 978-1-4020-6360-2, pp. 419–434. Hodges, Dorothy (1952): The Pollen Loads of the Honeybee: A Guide to Their Identification by Colour and Form. Congresbury, Somerset, UK: International Bee Research Association. Proctor, M., Yeo, P. & Lack, A. (1996). The Natural History of Pollination. Portland, Oregón: Timber Press. ISBN 978-0-8819-2352-0. Quaranta, Marino (2004): "Le api del parco scientifico-didattico di Isola Polvese".

Outros artigos Corbícula Polinización Polinizador

Ligazóns externas scopa na Enciclopedia Británica.

Categoría:Apidae Categoría:Apicultura Categoría:Polinizadores Categoría:Termos zoolóxicos