A Copa do Rei de hóckey a patíns 2021 foi a 77ª edición da Copa do Rei. Disputouse entre os días 10 e 13 de xuño de 2021 na cidade galega da Coruña. Foi a segunda vez que se disputaron de xeito conxunto as copas do Rei e da Raíña logo da edición de 2019 disputada na cidade catalá de Reus.
Sede
Todos os partidos se disputaron no Pazo dos Deportes de Riazor, pavillón con capacidade para 4 425 espectadores, aínda que o número de espectadores viuse limitado por mor das medidas sanitarias impostas no contexto da pandemia de COVID-19.
Esta foi a cuarta vez que o Pazo dos Deportes de Riazor acolleu a fase final da Copa do Rei,O recinto acolleu ademais as finais de Copa disputadas a dobre partido en 1986 e 1989}} se ben o recinto acolleu en tres ocasións competicións internacionais de seleccións absolutas de hóckey a patíns, logo de ter acollido dúas veces o Campionato do Mundo, en 1972 e 1988, e unha vez o Campionato de Europa en 2018.
Participantes e sistema de competición miniatura|280px|O Palacio de María Pita foi o escenario do sorteo da competición copeira. Nesta edición participaron un total de oito equipos, os oito mellores clasificados logo da primeira volta da OK Liga 2020-21. Os catro primeiros clasificados da primeira volta da OK Liga foron cabezas de serie no sorteo das eliminatorias.
O 20 de maio celebrouse o sorteo dos cuartos de final da competición, tanto en categoría masculina como na feminina. O escenario elixido para o acto foi o Palacio de María Pita e contou coa presenza entre outros da alcaldesa da Coruña Inés Rey, a concelleira de Deportes Mónica Martínez, o Delegado Provincial de Deportes da Xunta de Galicia na Coruña Roberto García, e o presidente da RFEP Carmelo Paniagua.
Os oito equipos participantes finalizaron co seguinte rexistro a primeira volta da OK Liga:
PosEquipoPtsPXPGPEPPGFGCDG120px Deportivo Liceo43 15 14 1 0 73 18 +55220px Barça40 15 13 1 1 96 31 +65320px Reus Deportiu Miró32 15 10 2 3 86 46 +40420px Recam Làser Caldes32 15 10 2 3 62 46 +16520px Lleida Llista Blava32 15 10 2 3 47 34 +13620px Voltregà Stern-Motor21 15 6 3 6 48 45 +3720px CE Noia Freixenet21 15 6 2 7 56 55 +1820px Garatge Plana Girona20 15 5 5 5 44 45 -1
Cadro de competición
Partidos
Cuartos de final
Caldes - Lleida
Liceo - Voltregà
Reus - Girona
Barça - Noia
Semifinais
Liceo - Caldes
Reus - Barça
Final
Liceo - Barça
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da competición
Categoría:Copa do Rei de hóckey a patíns Categoría:Hóckey a patíns en 2021