Ralph David Richardson, nado en Cheltenham (Inglaterra) o 19 de decembro de 1902 e finado en Londres o 10 de outubro de 1983, foi un actor británico.
Traxectoria Richardson, fillo dun profesor de arte, comezou a súa carreira artística como pintor, que seguiu a apreciar toda a súa vida."Richardson, Sir Ralph David", Who Was Who, online edition, Oxford University Press, decembro de 2012, consultado o 30 de xaneiro de 2014 Antes de dedicarse aos escenarios traballou como xornalista.O'Connor, p. 29 A súa traxectoria comezou en 1920O'Connor, p. 31 co grupo St. Nicholas PlayersHobson, p. 15 e o seu primeiro papel destacado foi como Lourenzo nunha representación de O mercador de Venecia.Lista de papeis en Tanitch, pp. 122–125; e Miller, pp. 357–366
Na década de 1930 interpretou filmes e pezas teatrais que lle deron fama e foi nomeado cabaleiro polo rei en 1947.O'Connor, p. 141 Transformouse nunha das figuras máis aclamadas do teatro británico. Traballou en case duascentas obras e en máis de cen filmes, entre eles clásicos como Anna Karenina,Miller, p. 118 Exodus, Doutor Zhivago e Khartoum.Miller, p. 200
Na 57ª edición dos Óscar recibiu unha candidatura póstuma como mellor actor secundario pola súa interpretación do conde de Greystoke no filme Greystoke: a lenda de Tarzán, o rei dos monos."Ralph Richardson", British Film Institute, consultado o 18 de xaneiro de 2014
Entre as súas interpretacións teatrais máis salientables poden mencionarse Peer Gynt,Gaye, pp. 1030 and 1118 Falstaff, John Gabriel BorkmanBillington (2002), p. 68 e Hirst en No Man's Land de Harold Pinter, que creou o papel especificamente para Richardson.Billington (2007), p. 228
Filmografía
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas performances listed in the Theatre Archive, University of Bristol Letters from Ralph Richardson to Chrissie Shackleton at the British Library
Categoría:Nados en Gloucestershire Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra