miniatura|As mozas do radio traballando nunha fábrica de United States Radium Corporation ca. 1922. As mozas do radio (en inglés: Radium Girls) foi o nome outorgado a un grupo de traballadoras que sufriron envelenamento por radiación ao recubrir as esferas dos reloxos que fabricaban cunha pintura baseada no radio utilizada na fábrica United States Radium Corporation en Orange, Nova Jersey, no ano 1917.
Miles de empregadas pasaron polas dependencias da fábrica durante a Primeira Guerra Mundial, xa que os reloxos luminescentes eran de grande utilidade porque os soldados podían consultar a hora tamén pola noite. Máis tarde, fixéronse moi populares entre a poboación civil, tendo a empresa que contratar máis persoal e sendo así máis a cantidade de persoas afectadas polo envelenamento.
As rapazas, ás que se lles dixo que a pintura era inofensiva e descoñecedoras do risco que corrían, tiñan como costume chupar as sedas dos pinceis que usaban para afinalos e así pintar con maior precisión, ademais á parte disto tamén se adoitaban pintar as unllas ou os dentes a modo de pequena broma para posteriormente apagar a luz e deixar sorprendida á xente coa luminescencia que emanaba das súas bocas.
Problemática e solución Máis tarde empezaron a chegar os problemas, unha das primeiras en advertilo foi Amelia Maggia cando anos despois de traballar para esa empresa empezáronselle a caer os dentes sen motivo aparente afectándose de terribles dores tamén na súa mandíbula. Varios médicos tras analizala estableceron unha clara relación entre os seus síntomas e o seu anterior emprego, co cal tentou localizar as súas excompañeiras para informalas, pero non puido atopar máis que a tres xa que a maioría atopábanse na última fase da enfermidade ou xa falecidas.
Cinco das mulleres levaron a xuízo ao seu xefe, o que non lles resultou nada fácil xa que a empresa tiña moitos contactos con poder na xudicatura e estes afanáronse en atrasar todo o posible o asunto, pero ao final chegaron a un acordo por unha indemnización xusta para as súas doenzas.
Despois destes sucesos no Congreso dos Estados Unidos votouse unha resolución a favor onde se estableceron os dereitos dos empregados que contraen enfermidades laborais. As mulleres non podían pagar un avogado, un ofreceuse a axudalas sen cobrarlles, ninguén lles creu ata que por fin morreu un home. Decidiron inspeccionar o corpo da primeira morte e sorprendéronse ao ver que o seu corpo aínda estaba a brillar polo tóxico elemento.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas The Radium Girls no blog Mujeres con Ciencia Undark and the Radium Girls, por Alan Bellows.
Categoría:Radioactividade Categoría:Historia dos Estados Unidos de América Categoría:Historia das mulleres