miniatura|250x250px|Centaurea cyanus, o símbolo do movemento panxermanista en Austria. O nacionalismo alemán () é unha ideoloxía política e corrente histórica en política austríaca. Xurdiu durante o século XIX como un movemento nacionalista entre a poboación falante da lingua alemá do Imperio Austrohúngaro. Favorece estreitas relacións con Alemaña, que é considerada como o estado-nación de todos os alemáns étnicos, e contempla a posibilidade da incorporación de Austria a unha Grande Alemaña.

Ó longo da historia de Austria, dende o Imperio Austríaco até o Imperio Austrohúngaro, e a Primeira e Segunda Repúblicas de Austria, diversos partidos políticos e grupos expresaron o sentimento nacionalista panxermanista. Os partidos nacional liberalistas e panxermanistas foron denominados como o "Terceiro Campo" () da política austríaca, tradicionalmente clasificados detrás dos conservadores e dos socialistas católicos tradicionais. O Partido da Liberdade de Austria, un partido de ultradereita con representación no Parlamento de Austria, ten raíces panxermanistas. Despois da segunda guerra mundial, tanto o panxermanismo como a idea da unión política con Alemaña fixéronse impopulares pola súa asociación co nazismo, e pola crecente idea dunha identidade nacional austríaca.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nacionalismo alemán