O Inter Club d'Escaldes é un club de fútbol de Andorra da cidade de Escaldes-Engordany. Foi fundado en 1991 e xoga na Primeira División de Andorra.

Historia Fundado en 1991, integrouse á Lliga Andorrana de futbol en 1995 obtivendo o sétimo posto entre doce competidores. Nos seus inicios o club tivo un forte apoio de Construccions Modernes, unha empresa ligada á construción, ata o punto que as súas iniciais CM perduraron no seu escudo até 2019. miniatura|Inter Club d'Escaldes, campión da Lliga Biosphere 2016-17 Inter foi un permanente protagonista dentro da máxima categoría, a pesar de que nunca lograse gañar a competición até 2020. O seu máximo logro foi a obtención de dous terceiros lugares: na tempada 1999-2000 e na tempada 2000-01. Nesta última edición da liga mesmo alcanzou o liderado nunha xornada: a cuarta.

A tempada 2002-03 foi especial para o club: sería a última na que conseguiu acceder ao play-off polo título conseguindo o cuarto posto. Pero ademais rexistrou a súa mellor campaña na Copa Constitució: alcanzou a súa única final no certame, na que foi derrotado por FC Lusitanos por 2-0.

No entanto, no resto das tempadas o Inter loitou por conservar a categoría: chegou a disputar tres veces a Promoción, despois de acabar na penúltima posición da fase regular e o posterior play-off pola permanencia. O seu momento máis angustiante foi na tempada 2008-09, cando logrou manterse en Primeira División despois de imporse por 10-9 na quenda de penaltis contra o Atlètic Club d'Escaldes (logo de que cada un gañase por 2-1 o seu respectivo partido como local).

Con todo, o descenso fíxose inevitable tras a tempada 2014-15, cando o club situouse na última posición logo dunha precaria campaña na que gañou un só partido, empatou outro e perdeu 18. O 19 de abril de 2015 confirmouse a caída á Segunda División despois da derrota por 2-1 ante o Futbol Club Encamp no Camp d'Esports d'Aixovall.

Unha vez na segunda categoría, o Inter tivo un cambio na xunta directiva que significou un envorco na súa xestión: ademais de modificar o seu escudo ao actual, o club potenciouse con algúns xogadores de vasta traxectoria e que posuían internacionalidades na selección de fútbol de Andorra como Xavi Andorrà, Dani Mejías e Dani Ferrón, entre outros. Incluso o técnico daquela tempada Álex Somoza tivo experiencia na absoluta como xogador.

Tras un quinto lugar na tempada 2015-16, o club conseguiu o título da Lliga Biosphere 2016-17 tras unha estreita disputa coa Penya Encarnada d'Andorra polo liderado. O 21 de maio de 2017 logrou o ascenso á Primeira División de Andorra tras derrotar ao Atlètic Club d'Escaldes por 3-0.

Logo de lograr ser campión da Primeira División de Andorra 2019-20 puido ter o dereito de poder participar na liga de Campións da UEFA 2020-21, desde a Rolda Preliminar. Esta participación histórica representa a primeira vez na historia do club na que participa nun torneo internacional oficial.

Xogadores

Xogadores destacados Alberto Lopo Odín Patiño Fabrice Begeorgi Moisés Gonçalves Santi Triguero Josep Manel Ayala

Cadro de xogadores Actualizado o 15 de febreiro de 2020.

15px

15px 2°

Adestradores

Rubén Oliveira (2007) Alipio Ferreira (2008) Álex Somoza (2016-2018) Adolfo Baines (2018-actualidade)

Palmarés Torneos nacionais Competición nacionalTítulosSubcampionatosPrimeira División de Andorra (5/0)2019-20, 2020-21, 2021-22, 2024-25, 2025-26Copa Constitució (2/0)2020, 2023Segunda División de Andorra (1/0)2016-17Supercopa de Andorra (1/0)2020

Tempadas Clasificación finalTempadaPostoCategoría1995-967°Primeira1996-979°Primeira1997-984°Primeira1998-994°Primeira1999-003°Primeira2000-013°Primeira2001-027°Primeira2002-034°Primeira2003-047°Primeira2004-055°Primeira2005-065°Primeira2006-076°Primeira2007-087°Primeira2008-097°Primeira2009-107°Primeira2010-115°Primeira2011-127°Primeira2012-136°Primeira2013-147°Primeira2014-158° Primeira2015-165°Segunda2016-171° Segunda2017-186°Primeira2018-193°Primeira2019-201°Primeira2020-211°Primeira

Participación en competicións da UEFA

Tempada Torneo Rolda Club Casa Visita Global2020–21UEFA Champions League Preliminar Drita 1–2UEFA Europa League 2ª Clasificatoria Dundalk 0–1 – 0–12021–22UEFA Champions LeaguePreliminar HB 1–0 Pristina 0–2 UEFA Europa Conference League 2ª Clasificatoria Teuta

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Inter Escaldes en UEFA.com

Categoría:Equipos de fútbol de Andorra