George Sidney, nado en Long Island City (Queens) o 4 de outubro de 1916 e finado en Las Vegas o 5 de maio de 2005, foi un director e produtor cinematográfico estadounidense.
Traxectoria George Sidney naceu no seo dunha familia xudeohúngara dedicada ao mundo artístico. A súa nai era a actriz Hazel Mooney e os eu pai o produtor e intérprete teatral Louis Sidney. O seu tío era o tamén actor George Sidney.
A carreira de Sidney no espectáculo comezou axiña, xa que desde neno subiu aos escenarios teatrais para compartir funcións coa súa familia. Foi tamén músico.Davis p 60-62 O seu pai, executivo da Metro-Goldwyn-Mayer, axudouno a obter un traballo no estudio como mensaxeiro. Na década de 1930 xa traballaba en Hollywood como montador e asistente de dirección. Permaneceu case toda a súa carreira nese mesmo estudio.
Sidney tivo a oportunidade de dirixir por primeira vez realizando curtametraxes de Our Gang, algúns deles protagonizados por George "Spanky" McFarland ou Carl "Alfalfa" Switzer. Deste xeito, con vinte e un anos converteuse no director máis novo que dirixiu este grupo de actores. Despois dun ano traballando en Our Gang, Sidney dirixiu capítulos para a serie de Crime Does Not Pay. A súa primeira longametraxe foi Free and Easy (1941), comedia romántica protagonizada por Robert Cummings, Ruth Hussey e Judith Anderson baseada nunha obra teatral de Ivor Novello.
Pouco despois, Sidney coñeceu a Gene Kelly e iniciouse unha relación moi lembrada na historia do cinema. A súa primeira colaboración foi en Thousands Cheer (1943), musical coprotagonizado por Kathryn Grayson. Máis tarde coincidiron en Levando áncoras (1945), con Frank Sinatra e Grayson, e Os tres mosqueteiros (1948), versión da novela de Alexandre Dumas que foi protagoniaada por Lana Turner e June Allyson.
Ademais, Sidney axudou os colegas da Metro William Hanna e Joseph Barbera para crear Hanna-Barbera Productions en 1944, unha compañía coa que mantivo relacións durante dez anos. De feito, o rato Jerry apareceu xunto a Gene Kelly nun dos números máis lembrados de Levando áncoras.
Sidney realizou as súas mellores obras na década de 1940. Entre elas, Bathing Beauty (1944), filme protagonizado por Esther Williams e The Harvey Girls (1946), protagonizado por Judy Garland. Na década de 1950, a actividade de Sidney baixou en número. En 1951 estreou a súa versión de Show Boat (1951), e posteriormente Scaramouche (1952), Pal Joey (1957) con Frank Sinatra, Rita Hayworth e Kim Novak.
Na década de 1960 dirixiu títulos de menor entidade, entre os que salientaron Pepe (1960), Bye Bye Birdie (1963), con Janet Leigh, Ann-Margret e Dick Van Dyke, ou Viva Las Vegas (1964), con Elvis Presley. O seu último filme foi Half a Sixpence (1967), tralo que se retirou definitivamente da dirección.
Pola súa contribución ao mundo do cienma, George Sidney ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood. Sidney faleceu a causa dun linfoma o 5 de maio de 2002, en Las Vegas (Nevada) aos 85 anos.
Filmografía
Pilot #5 (1943) Thousands Cheer (1943) Bathing Beauty (1944) Anchors Aweigh (1945) Ziegfeld Follies (1945) The Harvey Girls (1946) Holiday in Mexico (1946) Cass Timberlane (1947) Os tres mosqueteiros (1948) The Red Danube (1949) Key to the City (1950) Annie Get Your Gun (1950) Show Boat (1951) Scaramouche (1952) Young Bess (1953) Kiss Me Kate (1953) Jupiter's Darling (1955) The Eddy Duchin Story (1956) Jeanne Eagels (1957) Pal Joey (1957) Pepe (1960) Bye Bye Birdie (1963) A Ticklish Affair (1963) Viva Las Vegas (1964) The Swinger (1966) Half a Sixpence (1967)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en Queens Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudeohúngara