A dos vespoideos (Vespoidea) é unha superfamilia de insectos himenópteros, unha das integradas na suborde dos apócritos.Vespoidea no ITIS. Consultado o 29 de xuño de 2021.
Os membros máis coñecidos deste taxon son as avespas e as formigas.
Taxonomía Descrición A superfamilia foi descrita en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille, na súa obra Histoire Naturelle, Générale et Particulière des Crustacés et des Insectes, Tome Troisième.Superfamily Vespoidea Latreille 1802 en Fossilworks.
Etimoloxía O nome científico Vespoidea está formado pola unión dos elementos Vesp- e -oidea. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Vespa, e o segundo é o sufixo empregado na formación dos nones das subfamilias de animais.Vespoidea no Merriam-Webster Dictionary.
Familias A subdivisión da superfamilia en familias estivo controvertida durante moito tempo. Na actualidade (2021), segundo o ITIS e o BioLib, considéranse as seguintes:Vespoidea en BioLib. Consultado o 29 de xuño de 2021.
Bradynobaenidae Falsiformicidae Formicidae Mutillidae Pompilidae Rhopalosomatidae Sapygidae Scoliidae Sierolomorphidae Tiphiidae Vespidae
Sinónimos Ademais de polo nome válido na actualidade, a superfamilia coñeceuse tamén polos sinonimos:
Formicoidea Pompiloidea Scolioidea Tiphioidea
Filoxenia Estudos xenéticos recentes indican que o grupo necesita unha profunda revisión taxonómica. Rhopalosomatidae e Vespidae son clados irmáns dentro dos vespoideos. Á súa vez, este grupo é irmán das restantes avespas (e abellas) vespoideas e apoideas. Ademais, os Apoidea están dentro dos Vespoidea, o que suxire que hai que desmantelar a Vespoidea (sensu lato) e formar unha serie de superfamilias menores: Formicoidea, Scolioidea, Tiphioidea, Thynnoidea e Pompiloidea, incluíndo unha Vespoidea de definición máis estreita. Finalmente, as familias Mutillidae, Tiphiidae e Bradynobaenidae parecen ser parafiléticas. Outro estudo recente confirma a necesidade dunha revisión das relacións a alto nivel, aínda que as relacións dos grupos menores dentro de Vespoidea van ben co patrón orixinal do estudo de 2008, incluídos os grupos parafiléticos Bradynobaenidae e Tiphiidae.
Posición filoxenética posíbel dos vespoideos nos aculeados O seguinte cladograma propón unha posición filoxenética probábel dos vespoideos nos aculeados.
Imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82. Arnett, R. H. Jr. (2000): American insects, 2ª ed. Boca Ratón, Londres, Nova York, Washington DC: CRC Press. ISBN 0-8493-0212-9. Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3. Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0. Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9. O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5. Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548. Sharkey, M. J.; Carpenter, J. M & Vilhelmsen, L. (2012): "Phylogenetic relationships among superfamilies of Hymenoptera". Cladistics 28 (1): 80–112. Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0. Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.
Outros artigos Himenópteros Apócritos