Paddington é un filme británico-francés de 2014 escrito e dirixido por Paul King. Foi desenvolvido a partir dunha historia de King e Hamish McColl, que á súa vez está baseada nas historias curtas de Paddington Bear creadas por Michael Bond. Producido por David Heyman, Paddington está protagonizado pola voz de Ben Whishaw, xunto con Hugh Bonneville, Sally Hawkins, Julie Walters, Jim Broadbent, Peter Capaldi e Nicole Kidman nos papeis de acción en vivo. O filme conta a historia de Paddington, un oso antropomórfico que emigra dende as xunglas do Perú até as rúas de Londres, onde é adoptado pola familia Brown. Kidman interpreta o papel dunha taxidermista que quere incluír a Paddington na súa colección.
Estreouse en galego o 25 de decembro de 2018 a través da tvG2.
Personaxes
Ben Whishaw como a voz do oso Paddington Hugh Bonneville como Henry Brown Sally Hawkins como Mary Brown Madeleine Harris como Judy Brown Samuel Joslin como Jonathan Brown Julie Walters como Mrs. Bird Nicole Kidman como Millicent Clyde Lottie Steer como Millicent de nova Peter Capaldi como Mr. Curry Jim Broadbent como Samuel Gruber Imelda Staunton como a voz da tía Lucy Michael Gambon como a voz do tío Pastuzo Tim Downie como Montgomery Clyde Simon Farnaby como Barry Matt Lucas como Joe Matt King como Andre the Thief Madeleine Worrall como Agatha Clyde Geoffrey Palmer como o xeógrafo Michael Bond como o cabaleiro
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Paul King Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes de Heyday Films Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes ambientados no Perú Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes sobre osos Categoría:Filmes de 2014 con versión en galego