Paddington 2 é un filme de 2017 dirixido por Paul King e escrito por King e Simon Farnaby. Baséase nas historias de Paddington Bear, creadas por Michael Bond (a quen tamén está dedicada o filme pola súa morte ese ano), e é a secuela de Paddington (2014). Foi producido por Heyday Films e StudioCanal UK e é unha coprodución entre o Reino Unido, Francia e Luxemburgo. Está protagonizado por Ben Whishaw, quen pon a voz de Paddington, xunto con Hugh Bonneville, Sally Hawkins, Brendan Gleeson, Julie Walters, Jim Broadbent, Peter Capaldi e Hugh Grant nos papeis de acción en vivo.
Estreouse en galego o 5 de xaneiro de 2021 a través da tvG2. Foi traducido por Rosa Moledo, e a directora de dobraxe foi Charo Pena.
Personaxes Ben Whishaw como Paddington Brown Voz da dobraxe galega de Gaspar Somoza. Imelda Staunton como tía Lucy Michael Gambon como tío Pastuzo Hugh Bonneville como Henry Brown Voz da dobraxe galega de Antón Rubal. Sally Hawkins como Mary Brown Voz da dobraxe galega de Ana Lemos. Hugh Grant como Phoenix Buchanan Voz da dobraxe galega de Andrés Bellas. Brendan Gleeson como Knuckles McGinty Voz da dobraxe galega de Tacho González. Madeleine Harris como Judy Brown Samuel Joslin como Jonathan Brown Julie Walters como Mrs. Bird Jim Broadbent como Samuel Gruber Peter Capaldi como Mr. Curry
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Luxemburgo Categoría:Filmes dirixidos por Paul King Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre osos Categoría:Filmes de 2017 con versión en galego