Tebras (en ) é un filme italiano de 1982 escrito e dirixido por Dario Argento. Está protagonizado por Anthony Franciosa, no papel do autor estadounidense Peter Neal quen, mentres está en Roma promovendo o seu último libro de misterio e asasinatos, se ve envolto na procura dun asasino en serie que poida que a súa novela inspirase a matar. John Saxon e Daria Nicolodi coprotagonizan o filme interpretando respectivamente o axente de Neal e a súa asistenta, mentres Giuliano Gemma e Carola Stagnaro aparecen como os detectives que investigan o caso. John Steiner, Veronica Lario e Mirella D'Angelo tamén aparecen facendo papeis menores. O filme foi descrito como unha exploración do dualismo e da aberración sexual, e ten fortes elementos de metaficción; algúns críticos consideran que "Tebras" é unha reacción directa de Argento ás críticas do seu traballo anterior, sobre todo nas súas representacións de asasinatos de mulleres.
Estreouse subtitulado en galego o 9 de xaneiro de 2021 a través da TVG.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1982 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Dario Argento Categoría:Filmes rodados en Roma Categoría:Filmes ambientados en Roma Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Italia Categoría:Filmes de 1982 con versión en galego