Soiuz T-13 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 6 de xuño de 1985 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz T-13, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Vladimir Dzhanibekov e Viktor Savinikh a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 7. A tripulación chegou á estación para facer reparacións urxentes, tendo que acoplarse á estación estando inactiva, e máis tarde facer experimentos de natureza militar no módulo Kosmos 1686.
A Soiuz T-13 regresou a terra o 21 de novembro de 1985.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz T Saliut 7
Notas
Categoría:Programa Soiuz