dereita|miniatura|Escultura en Sada.
Augusto Joaquín César Lendoiro, nado en Corcubión o 6 de xuño de 1945, é un dirixente deportivo e político galego, presidente do Deportivo da Coruña entre 1988 e 2014.
Traxectoria Ámbito deportivo Nacido en Corcubión, aos dous anos emigrou coa súa familia á Coruña, instalándose na avenida América, coñecida hoxe como rúa Pla y Cancela. Durante a súa infancia tivo problemas de mobilidade, e no tempo que pasou na cama súa nai Josefa ensinoulle a ler utilizando exemplares do xornal deportivo Marca. Posteriormente pasou por un par de colexios antes de ingresar nos Maristas, onde foi compañeiro e amigo de Paco Vázquez, futuro rival político.
Comezou a xogar ao fútbol no monte de Santa Margarida e practicou outros deportes como balonmán, baloncesto, voleibol e atletismo. Aos 15 anos converteuse no primeiro presidente do Ural CF, club que fundou xunto a varios amigos, entre eles Luis Mariñas, e ao que dirixiu o club durante máis de dúas décadas, converténdoo nunha das principais canteiras de Galicia.Perfil de Augusto César Lendoiro , Xornal de Galicia, 21 de xullo de 2009, consultado o 18.9.09
Tras estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela regresou á Coruña e a través do seu sogro conseguiu un posto de mestre e xerente do colexio Liceo La Paz. Alí foi un dos fundadores e o principal impulsor do Hockey Club Liceo da Coruña, que nas seguintes décadas se convertería no club deportivo máis laureado da historia de Galicia. En decembro de 1975 accedeu á presidencia da Federación Coruñesa de Balonmán e ao ano seguinte converteuse tamén en presidente do Español de Santa Lucía. En xullo de 1983 foi elixido presidente do Liceo, sendo reelixido en 1985.
En 1988 asumiu a presidencia do Deportivo da Coruña nun momento de fonda crise, tanto deportiva (co equipo coqueteando co descenso a Segunda División B) coma económica, cunha débeda próxima aos 500 millóns de pesetas. Nese ano o club salvou a categoría e iniciaría un ascenso deportivo que tería o seu momento cumio nos anos 2000.
Na temporada 1991-92 o Deportivo volvía á Primeira División, categoría na que se mantivo ininterrompidamente 20 anos consecutivos con Lendoiro como presidente. A súa presidencia, aínda que moi discutida por certos sectores, estivo chea de éxitos deportivos conseguindo non só os primeiros títulos do equipo: unha liga, dúas Copas do Rei e tres Supercopas de España; senón tamén grandes actuacións na Liga de Campións da UEFA (chegando as semifinais nunha ocasión) e gozando do xogo dalgúns dos mellores xogadores do mundo (Bebeto, Mauro Silva, Rivaldo, Valerón).
Porén, a forte débeda acumulada polo club durante os seus máis de vinte anos de mandato, unido ás malas relacións cos poderes económicos e políticos da cidade da Coruña provocaron que houbera un forte sector crítico con Lendoiro que tentaba facer presión para que abandonara o seu posto.
O 22 de decembro de 2013 os accionistas non aprobaron as contas presentadas por Lendoiro por primeira vez nos seus 25 anos de mandato."La primera derrota de Lendoiro", artigo en ABC, 21 de decembro de 2013 Dous días máis tarde anunciou que retiraba a súa candidatura ás eleccións da presidencia"Lendoiro retira su candidatura y no se presentará a las elecciones del Deportivo" , artigo en La Información e o 21 de xaneiro de 2014 foi relevado no cargo por Tino Fernández."Tino Fernández pone el punto final a 25 años de lendoirismo", artigo en ABC, 21 de xaneiro de 2014
En maio de 2014 foi nomeado embaixador da Liga de Fútbol Profesional polo seu presidente, Javier Tebas.Javier "Tebas nombra a Lendoiro nuevo embajador de la LFP"; As, 8 de maio de 2014
Política Licenciado en Dereito, Lendoiro tamén se sentiu atraído pola actividade política, compatibilizando durante moitos anos a xestión deportiva con diferentes cargos públicos e dentro do Partido Popular. En 1987 saíu elixido concelleiro da Coruña polo partido antes mencionado, foi senador (1989−1990), secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, deputado no Congreso dos Deputados (1993−1995), candidato á alcaldía da Coruña en 1991 e 1995 e presidente da Deputación da Coruña (1995−1999). Na actualidade encóntrase retirado da vida política.
Vida persoal Casou con María Sonsoles Marcos Hidalgo, coa que tivo seis fillos: Héctor, Augusto, Javier, David, Teresa e Sonsoles.
Obra
Deporte... política... y fútbol de bolsillo (1978).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Lista de senadores galegos desde a Transición
Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Corcubión Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Presidentes do Deportivo da Coruña Categoría:Presidentes do HC Liceo da Coruña Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura) Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña