José María Calzada Dalmases, coñecido como José María Kaydeda, nado en Madrid en 1920 e finado na Coruña o 16 de novembro de 2006,La Voz de Galicia, 17-11-2006, p. 2, 50. foi un escritor español.

Traxectoria Viviu a súa infancia en Ferrol e na Coruña. Sendo mozo trasladouse a Barcelona onde cursou estudos de formación artística. Foi pintor, muralista, escultor, gravador, poeta e ensaísta. Comezou a expoñer en Compostela en 1941, e despois expuxo en España, Suramérica, Portugal e Italia. Recompilou e traduciu ao español os evanxeos apócrifos. Creou unha colección de 5.000 pezas de olaría de toda España. Aveciñado en Oleiros, alí fundou e dirixiu o Museo dos Oleiros. miniatura|Centro Cultural As Torres, no Porto de Santa Cruz co Museo Os Oleiros José María Kaydeda, o teatro municipal das Torres e a Biblioteca Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro. Obras Los apócrifos y otros libros prohibidos, 1987. Nueva enciclopedia de las ciencias ocultas, 1991. El milenio, el apocalipsis y el fin del mundo, 2001.

Vida persoal Casou con Teresa Jorge.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

"José María Kaydeda" (31/5/1987) El País . "Kaydeda, el centenario" (5/10/2019) La Opinión A Coruña .

Categoría:Pintores de España Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2006