Adriana Domínguez González, nada en Ourense o 22 de agosto de 1976, é unha executiva e empresaria galega. Desde maio de 2020 é presidenta executiva da firma de moda Adolfo Domínguez. En 2016 foi nomeada conselleira da empresa; en xullo de 2017 o consello delegou nela todos os poderes executivos primeiro como directora xeral e desde xullo de 2019 como conselleira delegada.
Adriana Domínguez participou en cinco filmes como actriz e é membro vitalicia do Actors Studio
Traxectoria Adriana Domínguez é a filla máis vella de Adolfo Domínguez, deseñador e principal accionista do grupo que leva o nome do seu pai, irmá de Valeria Domínguez, consultora de eCommerce, e de Tiziana Domínguez, deseñadora de Adolfo Domínguez.
Domínguez licenciouse en Ciencias Empresariais Internacionais (E-4) pola ICADE da Universidade Pontificia Comillas, por CESEM (Francia) e por The Lee Strasberg Theatre Institute de Nova York. Obtivo o mestrado en Pensamento na Escola Contemporánea de Humanidades de Madrid e fala cinco linguas.
Comezou a traballar na firma Adolfo Domínguez onde foi directora da área de perfumes e directora de comunicación. En 2016 foi nomeada conselleira de empresa e en xullo de 2017 asumiu os poderes executivos primeiro como directora xeral e desde xullo de 2019 como conselleira delegada.
Durante a súa etapa de 2017 a 2019 relanzou a compañía logrando un incremento das súas vendas comparables de máis do 22 %, un aumento da capitalización do 220 % e unha suba da facturación en liña do 108 %.
Tamén liderou a reorganización interna da empresa, renovando o comité de dirección, contando en 2018 cun 55% de mulleres directivas, e implantando novos métodos de xestión. O consello de administración do grupo está integrado por sete conselleiros, dos que un 43 % son mulleres. En 2020, a empresa destacou por ser unha das tres únicas empresa da bolsa española que tiñan paridade de xénero no seu consello.
Reunificou todas a marcas nunha soa e refrescou o posicionamento tradicional da fima coa sostibilidade e a internacionalización, co 52 % das tendas situadas fóra de España.
O 29 de maio de 2020 anunciouse que Adolfo Domínguez, principal accionista da compañía cun 31,5 % do capital cedía a presidencia executiva da empresa á súa filla Adriana. Nesa data o grupo contaba con 391 puntos de venda en 22 países e facturou 12 millóns no exercicio auditado de 2018-2019. Adolfo Domínguez permaneceu na empresa como conselleiro dominical.
Filmografía The Cry (2007) como María The Bridge of San Luis Rey (2004) como Pepita Noviembre (2003) como Alicia O agasallo de Silvia (2002) como Inés El sueño de Ibiza (2002) como Chica
Notas
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1976 Categoría:Actores de Ourense Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Empresarios do sector téxtil