CFBDSIR 2149-0403 ( a denominación completa é CFBDSIR J214947.2-040308.9) é un planeta orfo de masa planetaria ou unha anana marrón de alta metalicidade e masa pequena na constelación de Acuario. Orixinalmente, pensábase que formaba parte da asociación estelar AB Doradus como indica a súa posición e o seu movemento propio, pero o mesmo equipo que descubriu o obxecto e que conxecturou sobre a súa pertenza ó grupo, rexeitou esa hipótese debido a novas medicións. Sen esa pertenza, a idade e a masa do obxecto non se poden acoutar. Non hai probas suficientes para demostrar que CFBDSIR 2149-0403 se formase coma un planeta e fose posteriormente expulsado do seu sistema planetario.

Descubrimento CFBDSIR 2149-0403 foi descuberto polo proxecto franco-canadense de procura de ananas marróns, unha procura do ceo no infravermello próximo e confirmado polos datos do WISE. Philippe Delorme, do Instituto de Planetoloxía e Astrofísica de Grenoble en Francia e o seu equipo, incluídos investigadores da Universidade de Montréal no Canadá, detectaron a sinatura infravermella de CFBDSIR2149 usando o telescopio Canadá-Francia-Hawaii. Despois examinaron as propiedades do corpo co Very Large Telescope do Observatorio Europeo do Sur en Chile.

Distancia

Se este obxecto é realmente un planeta interestelar (cousa que non se demostrou totalmente), entón está entre os máis próximos que se detectaron. Se o obxecto pertence á asociación estelar AB Doradus, a súa distancia estímase en 40 ± 4 parsecs (130 ± 13 anos luz) da Terra; outras estimacións posibles van dun rango de 25 a 50 parsecs. O planeta orfo máis próximo confirmado é PSO J318.5-22.

Idade No anuncio de descubrimento, afirmábase que CFBDSIR 2149-0403 era un membro cinemático da asociación estelar de AB Doradus. Está asociación parece ter unha idade similar ás Pléiades, a cal ten unha idade límite para o esgotamento do litio de 130 ± 20 Megaanos. Se CFBDSIR2149 está realmente ligado coa asociación estelar AB Doradus, entón tamén é novo. Non obstante, co equipo de Delorme agora rexeitando esa hipótese, as estimacións son, ou menos de 500 millóns de anos como un planeta orfo cunha masa entre 2 e 13 masas de Xúpiter, ou ben unha anana marrón de dous a tres mil millóns de anos de idade cunha masa de entre 2 a 40 masas de Xúpiter. O obxecto presenta signos de baixa gravidade (banda K é máis brillante no infravermello próximo), estes signos poderían ser atribuíbles á súa mocidade.

Atmosfera right|thumb|300px|Este vídeo amosa unha impresión artística do planeta orfo CFBDSIR J214947.2-040308.9. Observacións espectroscópicas atoparon absorción de luz por parte gas metano e auga na atmosfera do planeta.

Notas

Véxase tamén

GU Piscium b, un exoplaneta que orbita GU Piscium a unha distancia de 2.000 UA e cun período de 163.000 anos dentro da asociación estelar AB Doradus 2MASS J1119–1137, un exoplaneta orfo semellante descuberto en 2016

Lecturas recomendadas

Categoría:Planetas extrasolares Categoría:Planetas interestelares