miniatura|240x240px|Peite de ouro escita do século IV a. C., exposto no Museo do Ermitage, en San Petersburgo, Rusia. O peite, pente ou pieite é un utensilio plano con púas que serve para arranxar, desenredar e limpar o cabelo ou compor outras fibras. Existen diferentes modelos, que varían no número e grosor das púas, segundo o tipo de cabelo ou fibra que se desexe arranxar. Os peites fabricábanse outrora en cuncha de tartaruga carei pero ao estar prohibida a caza da tartaruga, agora os materiais máis habituais son o plástico e a madeira.

Existen os seguintes tipos de peites:

Peites de púas anchas. Úsanse para peitear cabeleiras con moito pelo e para definir os rizos. Peites de púas estreitas. Son útiles para peitear o cabelo mollado. Peites mixtos, que combinan púas anchas e estreitas. Poden usarse indistintamente unhas ou outras simplemente dándolle media volta ao peite.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Obxectos