A dos polistinos (Polistinae) é unha subfamilia de insectos himenópteros da suborde dos apócritos, unha das integradas na familia dos véspidos.
Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1836 polo entomólogo francés, especialista en himenópteros, Amédée Louis Michel Lepeletier.Lepeletier, 1836 en BioLib.
Etimoloxía O nome científico Polistinae está formado polos elementos Polist e -inae. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Polistes (que deriva do grego antigo πολιστής polistḗs, "fundador dunha cidade", de πολίζειν polízein, "construír a cidade"), de πόλις pólis, "cidade"), e o segundo é o sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias de animais.
Clasificación A subfamilia comprende as seguintes tribos:Sheehan, Michael J. & Tibbetts, Elizabeth A. (2008): "Robust long-term social memories in a paper wasp". Current Biology 18 (18): 851-852.
Polistini Mischocyttarini Ropalidiini Epiponini
Características Os polistinos son avespas eusocias, é dicir, que viven en colonias.
O seu abdome é moi estreito na base,Blas, M. et al. (1987): Artròpodes (II). Història Natural dels Països Catalans, 10. Barcelona: Enciclopèdia Catalana, S. A. ISBN 84-7739-000-2. e as antenas des machos están curvadas na punta. As raíñas (femias reprodutoras) son de aspecto similar ao das obreiras (femias estériles), aínda que ás veces son algo máis grandes ou teñen diferente cor. Nalgunhas especies hai máis dunha raíña, pero existe a tendencia a que unha soa teña supremacía.
Os niños da maioría das especies son de papel, pero nunhas poucas excepcións son de barro (por exemplo, en Polybia emaciata).O'Donnell, S. & Jeanne, R. L. (2002): The nest as fortress: defensive behavior of Polybia emaciata, a mud-nesting eusocial wasp. Journal of Insect Science 2: 3. Os dalgunhas especies son abertos, outros son similares aos niños dos vespinos, cubertos de numerosas capas de papel.
Moitos polistinos, como Polistes fuscatus, Polistes annularis e Polistes exclamans, fan os seus niños con papel. Polistes annularis suspende os seus niños de papel de saíntes de penedos a través dun pedicelo, cuxos ácidos graxos libres inducen a resposta necrofórica nas formigas e fan que eviten o pedicelo en lugar de depredar aos habitantes do niño.Espelie, Karl (1990): "Surface lipids of the social wasp Polistes annularis (L.) and its nest and nest pedicel". Journal of Chemical Ecology 16: 1841–1852. As obreiras de Polistes metricus despegan dos seus niños coma se xa souberan a duración da súa viaxe. En voos curtos, saen do niño voando horizontalmente, mentres que en voos longos saen do niño voando cara a grandes altitudes antes de seguir a súa dirección.Dew, Heather (1978): "Foraging Flights of Two Species of Polistes Wasps (Hymenoptera: Vespidae)". Journal of the Kansas Entomological Society 51 (3): 380-385. As celas dos favos son de forma hexagonal, semellantes á estrutura dun niño de abellas.
Algunhas especies neotropicais da tribo dos epiponinos, dos xéneros Polybia e Brachygastra, producen mel, sendo dos poucos insectos que non sexan as abellas que a producen.
Distribución xeográfica A subfamilia comprende unhas 1 100 especies, principalmente tropicais e subtropicalis. En Europa só viven nove, todas elas do xénero Polistes.Polistes en Fauna Europaea.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82. Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3. Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0. Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9. Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0. O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5. Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548. Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.
Outros artigos Himenópteros Apócritos Vespoideos Véspidos
Categoría:Vespidae Categoría:Polinizadores