Eduardo Otero González, nado en Padrón en 1947 e finado en Santiago de Compostela o 12 de novembro de 2024, foi un construtor e político galego.

Traxectoria Aparellador e dono da empresa de constución Otegón S. L. Nas primeiras eleccións democráticas foi o candidato da UCD á alcaldía de Padrón, e logrou a vitoria con 4 concelleiros, co que foi elixido alcalde como candidato da forza máis votada.La Voz de Galicia, 20-4-1979, p. 40. Concorreu ás municipais de 1983 encabezando unha formación independente, e daquela perdeu a alcaldía en favor do candidato de Alianza Popular Jesús Villamor Calvo, con quen empatou a 4 concelleiros pero con menos votos.

Pasou a formar parte de Coalición Galega, se ben volveu a concorrer como independente nas eleccións de 1987, cando conseguiu tan só 2 concelleiros fronte á ampla maioría absoluta de AP. En 1991 encabezou a candidatura do CDS, onde só foi el elixido coma concelleiro, retirándose defintivamente da política tras ese mandato.

Vida persoal Casara, enviuvara, e tivera 3 fillos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Padrón

Ligazóns externas La primera corporación democrática de Padrón se reúne 35 años después

Categoría:Alcaldes de Padrón Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes