Amédée Louis Michel Lepeletier, tamén coñecido como Amédée Louis Michel Lepeletier, conde de Saint-Fargeau e Amédée Louis Michel Lepeletier de San Fargeau, e ás veces grafado Amédée Louis Michel Le Peletier, nado en París o 9 de outubro de 1770, e finado en Saint-Germain-en-Laye (Yvelines) o 23 de agosto de 1845, foi un naturalista e zoólogo francés especializado en entomoloxía (especielmente en himenópteros), e un colaborador da Encyclopédie.

Traxectoria Era fillo do barón de Péreuse, primeiro presidente do Parlamento de París (institución francesa do Antigo Réxime). O seu irmán máis vello, Louis-Michel Lepeletier, formou parte dos Estados Xerais, e pasou das filas da nobreza ás do terceiro estado e, despois de votar a morte do rei, morreu asasinado. O seu outro irmán, Félix, participou na política tras este suceso. Pero Amédée non seguiu estes exemplos e preferiu dedicarse enteiramente á entomoloxía.

Foi o autor da Histoire naturelle des insectes hyménoptères que apareceu nas Suites à Buffon, cuxo derradeiro volume sería completado por Gaspard Auguste Brullé. Este foi o primeiro estudo xeral deste tipo de insectos ten unha extensión de 2 500 páxinas. Con Jean Guillaume Audinet-Serville asinou os artigos dedicados aos insectos na Encyclopédie.

Lepetelier foi membro fundador da Société entomologique de France, a máis antiga deste tipo no mundo, da que foi o seu arquiveiro en 1832 e o seu presidente o ano seguinte, sucedendo a Audinet-Serville.

Tamén foi membro de varias sociedades científicas, incluíndo a Société linnéenne de París, a Academia de Dijon, a Sociedade de Historia Natural de París, a Sociedade de Historia Natural de Moscova e a Sociedade de Historia Natural de Versalles. (Ler en liña)

Algunhas obras Histoire naturelle des insectes. Hyménoptères, París, Nicolas Roret, 1836-1846. Textos completos en liña: Volume 1 Volume 2 Volume 3 Volume 4

Abreviaturas A abreviatura Le Pelet. emprégase pare recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.Le Peletier de Saint-Fargeau, Amédée Louis Michel (1770-1845) no IPNI. A abreviatura Lepeletier emprégase pare recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Científicos de Francia Categoría:Botánicos de Francia Categoría:Entomólogos de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1770 Categoría:Finados en 1845