Polistes é un xénero de insectos himenópteros da suborde dos apócritos, familia dos véspidos e subfamilia dos polistinos, que e o tipo da subfamilia e da súa única tribo, a dos Polistini.

A súa especie tipo é Polistes gallicus Linnaeus, 1767.

Características Polistes é o xénero que conta con máis especies da familia dos véspidos, máis de 300. Cando voan distínguense doutras avespas polas súas longas patas que penduran cara a abaixo.Pest Animal Control Bay of Plenty environment report. Consultada o 24 de xullo de 2021.

Son todas depredadoras, cazando a outros insectos para alimentar ás larvas, e consomen grandes cantidades de eirugas, polo que se consideran beneficiosas. Tamén visitan flores para obteren o néctar que lles subministra enerxía para o voo, e así realizan a polinización dalgunhas plantas.

Constrúen niños de papel ou cartón con celas hexagonais. Xeralmente non son agresivas, pero so poden selo cando defenden o seu niño. Forman colonias xeralmente compostas por femias fundadoras, raíñas, das que pode haber máis dunha e que adoitan seren irmás, e de obreiras (Ver Eusocialidade). Non hai gran diferenza morfolóxica entre ambas, pero si fisiolóxicas e de comportamento. Ao final do verán nacen machos e femias fértiles, que se aparean. Despois, as fundadoras, as obreiras e os machos morren; as únicas que sobreviven son as femias fecundadas da nova xeración que hibernan.Na primavera seguinte inician unha nova colonia.

Distribución As especies deste xénero distribúense por todo o mundo. A avespa europea Polistes dominula foi accidentalmente introducida nos Estados Unidos en 1981 e na actualidade segue invadindo novos territorios. Ás veces causan unha diminución das poboacións de especies nativas. A chamada avespa cuco, Polistes sulcifer, é un parasitoide obrigado de Polistes dominula.

Polistes versicolor está moi difundida en Suramérica. Distínguese polas súas bandas amarelas no tórax e o abdome. É especialmente abundante no sueste do Brasil.

Galería

Taxonomía Descrición Tribo A tribo foi descrita en 1836 polo naturalista e zoólogo francés especializado en entomoloxía (especielmente en himenópteros) Amédée Louis Michel Lepeletier.Polistini Lepeletier, 1836 en BioLib.

Xénero O xénero foi descrito en 1802 polo zoólogo francés, especializado en artrópodos, Pierre André Latreille.

Etimoloxía O nome científico Polistes deriva do grego antigo πολιστής polistḗs, "fundador dunha cidade", de πολίζειν polízein, "construír a cidade", de πόλις pólis, "cidade".

Especies

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82. Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3. Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0. Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9. Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0. O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5. Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548. Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.

Outros artigos Himenópteros Apócritos Vespoideos Véspidos Vespinos

Ligazóns externas Historia da evolución dos véspidos . Genus Polistes en Bug Guide .

Categoría:Vespidae Categoría:Polinizadores