miniatura|270px|O Ducado de Puglia e Calabria no Reino de Sicilia (1112)

O Ducado de Puglia e Calabria foi un señorío normando establecido en 1059 co recoñecemento oficial, por parte do papa Nicolao II, do título ducal a Roberto Guiscardo de Hautrville. A súa capital estivo orixinariamente en Melfi pero, a partir de 1077, pasou a Salerno.Giuseppe Campanelli, Michele Carducci, Vincenzo Tondi Della Mura e Isabella Loiodice (2016): Lineamenti di diritto costituzionale della regione Puglia, Volume 10. Giappichelli Editore. ISBN 978-88-3484-791-6, p. 8.

En realidade, xa con anterioridade, en 1043, Guaimario V, príncipe de Salerno, fora aclamado duque de Puglia e Calabria, aínda que a lexitimidade deste título (ao non ser recoñecida oficialmente por ningún poder universal) podería considerarse xuridicamente dubidosa; de feito, en 1047, o emperador Henrique III interveu para reclamar o título ducal para si mesmo.Guaimario V, principe di Salerno, en Enciclopedia Treccani.

O ducado comprendía unha gran parte do sur continental italiano, estendéndose polos territorios das rexións actuais de Puglia, Basilicata, Calabria, o lado adriático da Molise e as franxas orientais e meridionais da Campania.I Guaimario: una dinastia tra due imperi. Cando Roxerio II se converteu en rei en 1130, o ducado pasou a formar parte do Reino de Sicilia.

Lista de condes e duques

Condes de Puglia (1043-1059) 1043 - 1046: Guillerme Brazo de Ferro 1046- 1051: Drogo de Hauteville 1051- 1057: Hunifredo de Hauteville 1057- 1059: Robert Guiscard

Duques de Puglia e Calabria (1059-1127) 1059 - 1085: Robert Guiscard 1085- 1111: Roxerio Borsa, fillo do anterior 1111- 1127: Guillerme II, fillo do anterior

Condes de Sicília (1071-1130) 1071 - 1101: Roxerio I, irmán de Robert Guiscard 1101- 1105: Simón de Sicília, fillo do anterior 1105- 1127: Roxerio II, irmán do anterior

Duques de Puglia, Calabria e Sicília 1127 - 1130: Roxerio II, quen creou o Reino de Sicília no 1130

Notas

Véxase tamén Bibliografía Franco Cardini e Marina Montesano (2006): Storia medievale. Firenze: Le Monnier. Col. Università/Storia. ISBN 88-00-20474-0. Norwich, John Julius (1967): The Normans in the South 1016-1130. Longmans: Londres. Tommaso Indelli (2015): Il tramonto della Langobardia minor. Longobardi, Saraceni e Normanni nel Mezzogiorno (X-XI sec.). Angri, Salerno: Editrice Gaia. ISBN 88-5525-014-0.

Outros artigos Casa de Hauteville Normandos Ducado de Calabria

Categoría:Historia de Italia Categoría:Estados desaparecidos da Península Itálica Categoría:Casa de Hauteville Categoría:Estados da Idade Media