Hans Dietrizh Schultz, nado o 24 de xaneiro de 1934 en Szczecin, na Pomerania Occidental, é un numismático alemán especializado na moeda da Antigüidade.
Traxectoria En 1959 Schultz ingresou no Gabinete Numismático de Berlín (Münzkabinett Berlin), onde estivo a cargo da colección de moedas antigas.Kluge, B. (2004). Páxina 106.
En 1972 foi nomeado xefe do departamento e en 1981 comisario, ata a súa xubilación en 1999.
Hans Dietrich Schultz está casado coa tamén numismática Sabine Schultz, igualmente vinculada ao Münzkabinett, con quen organizou en 1983 a exposición permanente de moeda antiga do Museo de Pérgamo, en Berlín.
Recoñecementos
(1999): Eligiuspreis, da Sociedade Numismática Alemá (ex aequo con Sabine Schultz)."Eligiuspreis der DNG". Deutsche Numismatische Gesellschaft."Eligiuspreisträger 1996-2005". Deutsche Numismatische Gesellschaft.Overbeck, B. (1999).
Publicacións Estes son os traballos monográficos máis representativos da traxectoria de Hans Dietrich Schultz:"Schultz, Hans-Dietrich". Digital Library Numis.
(1990). Römische Münzen. Münzkabinett, Berlín. (1991). Römische Münzen. T. 2: Einführung in die Ausstellung antiker Münzen im Pergamonmuseum. Münzkabinett, Berlín. (1997). Antike Münzen. Bildheft zur Ausstellung des Münzkabinetts in der Antikensammlung im Pergamonmuseum. Münzkabinett, Berlín. ISBN 9783886092833
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kluge, B. (2004). Das Münzkabinett - Museum und Wissenschaftsinstitut. Münzkabinett. Berlín. ISBN 978-3886094943 Overbeck, B. (1999). "Eligius-Preisträger 1999: Sabine und Hans-Dietrich Schulz". En Numismatisches Nachrichtenblatt, 48. Deutschen Numismatischen Gesellschaft. Páxina 560.
Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados en Szczecin Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Galardoados co Eligiuspreis Categoría:Persoas relacionadas co Gabinete Numismático de Berlín Categoría:Personalidades sen imaxes