Laureano Álvarez Martínez, nado en Ortigueira o 20 de marzo de 1912 e finado na Coruña o 18 de setembro de 1991, foi un mestre e político galego.
Vida persoal Era fillo de Ramón Álvarez Fustes, avogado ortigueirés e xornalista (que fundou o periódico El Eco Ortegano). Casou con Antonia Torres Pajón, filla do boticario Pascual Torres, en 1940,El Correo Gallego, 25-4-1940, p. 2. e foi pai de Laureano, Sura, Marta, Ramón e Flor Álvarez Torres. Viveu en Ortigueira, Cariño, Régoa (Cedeira) e finalmente A Coruña. Faleceu na Coruña e foi enterrado no cemiterio municipal de Requeixo, na vila de Ortigueira.
Traxectoria Foi redactor de La Voz de Ortigueira. Fíxose mestre na Escola Normal de Santiago de Compostela. Militou no Partido Galeguista, integrándose no núcleo galeguista de Ponte Mera, que fundara o poeta e mestre Victoriano Taibo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, por recomendación do cura de Ortigueira Jesús Márquez Cortiñas, que dirixía unha academia de bacharelato na que daba clases, afiliouse a Falange Española con Álvaro Cunqueiro. Aínda así, e a pesar de ser miope, tivo que marchar á fronte para fuxir da persecución. Ao regreso encontrouse coa inhabilitación como mestre. Despois foi mestre da Escola Graduada de Ortigueira. En 1942 aprobou as oposicións de Maxisterio,La Voz de Galicia, 2-7-1942, p. 3. e en 1944 foi destinado a Régoa (Cedeira).La Voz de Galicia, 12-2-1944, p. 3. Foi procurador dos tribunais en Ortigueira e despois funcionario do Concello da Coruña.
Mantivo unha intensa actividade intelectual, como conferenciante, colaborador en radio (Radio Coruña EAJ 41), e secretario do Padroado de San Andrés de Teixido, creado en 1967, e impulsado pola deputación provincial da Coruña.
Participou no coro Cántigas da Terra, para o que escribiu a estampa Romaxe de San Andrés de Teixido en 1955.La Voz de Galicia, 25-5-1955, p. 2. Foi durante crítico de arte de La Voz de Galicia e colaborou en Grial. Foi Cronista Oficial de Ortigueira dende 1971 ata o seu falecemento en 1991. Académico correspondente da Real Academia Galega, o 2 de xuño de 1990 foi elixido numerario da Real Academia Galega de Belas Artes.La Voz de Galicia, 19-9-1991, p. 68.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas ¡Qué desvergüenza!
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Cronistas de Ortigueira Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1991