Pedr' Eanes Solaz (Tamén, Pero Eanes Solaz, Pedro Eanes Solaz e Pedro Anes Solaz) foi un trobador galego do século XIII.
Biografía Non se conserva ningún dato biográfico seu. Intúese a súa orixe galega, concretamente en Pontevedra, por unha cantiga de amor na que expresa o seu propio namoramento e contén referencias a un convento de Nogueira.
Obra Consérvanse sete obras: tres cantigas de amigo, dúas cantigas de añor e dúas cantigas de escarnio e maldicir. Unha das súas maiores contribucións á lírica galego-portuguesa é a frase “edoi lelia doura”, á que Rip Cohen e Federico Corrente atribúenlle orixe árabe e traducen coma: E hoxe tócame a min. Este poema foi versionado por José Mário Branco e Amancio Prada.
Notas
Categoría:Trobadores en galego-portugués