Nuno Porco foi un xograr galego do século XIII pertencente á lírica galego-portuguesa.
Traxectoria Consideróuselle un xograr ao servizo do trobador Nuno Rodríguez de Candarei, con todo, a súa posición nos cancioneros dentro do grupo denominado xograres galegos fai supor a súa orixe galega e que estaría activo entre 1240 e 1280. Xavier Ron Fernández cre que o seu apelido puido ser Porto no canto de Porco, no entanto, o apelido Porco atopouse en documentos do mosteiro de Melón. Carolina Michaelis sostivo que é un dos xograres máis antigos da lírica galego-portuguesa. Pertence á xeración de xograres que contribuíron a elevar as expresións cotiás a lingua artística.
Obra Consérvanse unha cantiga de amor e unha cantiga de amigo. A cantiga de amigo destaca no seu xénero.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Poetas de Galicia