Carlota de México, nada como Carlota de Bélxica e co nome completo de María Carlota Amelia Augustina Vitoria Clementina Leopoldina de Saxonia-Coburgo e Gotha, foi emperatriz de México durante o Segundo imperio mexicano de Maximiliano I de México.
Única filla de Leopoldo I, rei dos belgas, naceu no palacio de Laeken, en Bruxelas, o 7 de xullo de 1840. O 27 de xullo de 1857 casa co arquiduque Maximiliano de Austria, irmán de Francisco Xosé I de Austria e gobernador pola época da Lombardía e Venecia.
Trala incursión de Napoleón III en México, e coa intención de converte-lo país américano en satélite de Francia, Maximiliano aceptou a oferta francesa de coroarse emperador de México, e polo tanto Carlota emperatriz (1864).
O estado mental de Carlota comezou a declinar co esmorecemento do propio imperio acabado de nacer. Volveu a Europa e foi internada no castelo de Miramar en Trieste (Italia), e logo en Meise (Bélxica), onde morreu o 19 de xaneiro de 1927.
miniatura|200px|esquerda|Castelo de Miramar
Categoría:Monarcas Categoría:Nados en Bruxelas Categoría:Nados en 1840 Categoría:Finados en 1927