Benvidos a Villa Capri (en ) é un filme estadounidense de 2017 escrito e dirixido por Ron Shelton, sendo o seu primeiro filme dende Hollywood, departamento de homicidios (2003). Está protagonizado por Morgan Freeman, Tommy Lee Jones, Rene Russo, Elizabeth Ashley e Glenne Headly.Glenne Headly, ‘Dick Tracy’ and ‘Lonesome Dove’ Star, Dies at 63 Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 8 de decembro de 2017 a través de Broad Green Pictures. Foi mal recibido pola crítica e foi un fracaso de recadación, conseguindo só 7 millóns de dólares sobre un orzamento de 22 millóns.
Estreouse en galego o 4 de agosto de 2021 na TVG. Foi traducido por Rosa Moledo e a directora de dobraxe foi Charo Pena.
Personaxes Morgan Freeman como Duke Diver Tommy Lee Jones como Leo McKay Rene Russo como Suzie Quinces Glenne Headly como Margarite Sheryl Lee Ralph como Roberta Elizabeth Ashley como Lily Kristen Rakes como Ginger Joe Pantoliano como Joey Graham Beckel como Burt Mel Raido como Oscar George Wallace como Larry Nick Peine como Jimmy Jane Seymour como Delilah Johnny Mathis como Johnny Mathis
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ron Shelton Categoría:Filmes sobre a vellez Categoría:Filmes de 2017 con versión en galego