Binibèquer Vell é unha localidade e complexo turístico situado na costa sur da illa de Menorca, nas illas Baleares, que pertence ao concello de Sant Lluís. Está a 5 km da capital do municipio e a 8 km de Maó, a capital da illa. Está situado entre o cabo d'en Font ao oeste e a praia de Binibeca ao leste.
É unha vila ideada polos arquitectos Antoni Sintes Mercadal e Francesc Joan Barba Corsini, e pretende emular o estilo de construción típico das cidades costeiras do Mediterráneo, o que lle valeu certa popularidade como atractivo turístico, ata converterse nun dos máis lugares da illa máis fotografados. Arredor do núcleo desenvolveuse unha urbanización de casas unifamiliares e tendas, o que a converteu nun destino moi popular para o turismo de verán. Non ten ningún hotel. Durante o inverno está practicamente deshabitado, mentres que no verán está cheo de turistas.
Historia Foi deseñado en 1972 polos Antoni Sintes Mercadal e Francesc Joan Barba Corsini cun estilo peculiar, simulando unha antiga vila de pescadores que nunca existiu.Guia de Menorca 2010, Conselleria de Turisme del Govern de les Illes Balears, 2010. Dep. Legal: B-22237-05
A característica máis acentuada deste núcleo é que está composto por rúas estreitas, pequenas e empedradas, creando un pequeno labirinto. A vila é toda de madeira e as paredes son todas de cor branca, dun estilo diferente á arquitectura tradicional e típica de Menorca.
Demografía Segundo o INE, no ano 2020 Binibèquer Vell contaba con 227 habitantes censados, o que representa o 3,37% da poboación total de Sant Lluís.
Evolución da poboación
Notas
Véxase tamén
Categoría:Sant Lluís