Os XVI Xogos Olímpicos de 1956 foron realizados na cidade de Melbourne, en Australia, entre os días 22 de novembro e 8 de decembro, coa participación de 72 estados, representados por 3314 atletas, sendo 376 mulleres.
Por primeira vez unha das modalidades deportivas dos Xogos non foi realizada nin na cidade nin no país anfitrión, xa que a hípica transferiuse a Estocolmo, Suecia, disputándose cinco meses antes de Melbourne polo que se impedía a entrada de cabalos estranxeiros no país.
Infelizmente, a política internacional, extremadamente tensa naqueles días de guerra fría, foi responsable dos primeiros boicots e desistencias dos Xogos Olímpicos. A invasión da Hungría por tropas soviéticas naquel ano causou a desistencia de España, Países Baixos e Suíza. Os exipcios, iraquís e libaneses boicotearon o evento en protesta pola presenza anglo-francesa, intervindo con tropas na cuestión do Canal de Suez.
Modalidades disputadas miniatura|240px|Participantes Atletismo. Baloncesto. Boxeo. Piragüismo. Ciclismo. Esgrima. Fútbol. Ximnasia. Halterofilia. Hípica.Hóquei sobre herba. Loita. Natación. Péntatlon moderno. Wáter-polo. Remo. Saltos de trampolín. Tiro. Vela.
Cadro de medallas
Cadro de Medallas 50px Posición País Gold Silver Bronze Total 1 20px URSS37293298 2 20px Estados Unidos32251774 3 20px Australia1381435 4 20px Hungría910726 5 20px Italia88925 6 20px Suecia85619 7 20px Equipo Unido de Alemaña613726 8 20px Gran Bretaña671124 9 20px Romanía53513 10 20px Xapón410519
Notas
Categoría:Deporte en 1956 Categoría:Xogos Olímpicos Categoría:Melbourne