Laia Altarriba i Piguillem, nada en Barcelona en 1975, é unha xornalista e activista catalá.

Traxectoria Como xornalista, foi membro fundadora e directora do xornal Jornada, é membro do Grupo de Xornalistas Ramon Barnils, do cal foi vicepresidenta entre 2011 e 2012, e publicou artigos en plataformas e medios como Mèdia.cat, Espai Fàbrica, o xornal Ara, Crític, L'Accent, Diagonal e Gara.

Como activista, é militante de Endavant e foi membro da secretaría nacional da CUP entre 2012 e 2016.

Obras Vint i Ramon Barnils (Edicions Dau, 2013)

Notas

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Políticos da CUP Categoría:Xornalistas de Cataluña